Saída da nosa manifestación do 14 de Novembro . Dia da FOLGA XERAL.
Tanto CGT como CUT non nos amolamos á decisión dos chamados "grandes de las españas"
( CCOO, UGT e CIG) de intentar arrinconarnos na "SUA" multitudinaria manifestación: así nolo dixeran :
-"Pois mirade, chavales, na nosa pancarta de cabeza non hai espazo para vós, agora ben; veríamos moi bonito que viñerades detrás nosa coas vosas bandeiras, pancartas, etc"
Creemos firmemente que fora unha ocasión perdida para que o povo coruñés vira a clase obreira unida sen fisuras. Creemos que o povo necesita de ese principio ilusionante da unidade para escomenzar a cambia-las cousas. Nesta volta non se poido conquerir, aunque seguiremos turrando dende as nosas bases para lograr ese desexo popular de unidade contra o fascismo e os seus lacaios que arestora poden moi ben estar negociando as suas espaldas o seu futuro laboral a cambio dalgunas prebendas cara os seus sindicatos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario