Veleiquí as intervencións finais da nosa manifestación CGT - CUT de hoxe, dia histórico da FOLGA XERAL.
Nos textos lidos despréndese un afán en continua-la loita iniciada e pelea-las cousas ate as suas derradeiras consecuencias.
Non nos van acobardar, pois non somos unha masa inerte, pasiva e gregaria; senón que pertenecemos a unha capa popular tremendamente viva e activa, insumisa e soñadora, sensibel e dura que non vai nin negociar alegremente milloras sectoriais a cambio de baixarse os pantalóns.
Somos parte dese povo que non se vai rendir sin someterse a eses galopíns a cambio das suas migaxas.
Acaba outra etapa máis na procura da nosa dignidade e liberdade, finaliza outra batalla, mais a luita continua!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario