Querid@s compañeir@s:
O 29 de Marzo, ante o ataque brutal que supuxo a Reforma
Laboral, os traballadores fixemos un Paro Xeral para enfrontarnos á política
económica e antiobreira do goberno.
Xa dixéramos naquel momento que un paro de un día non ía ser
dabondo, que o goberno non era máis que un lacaio obedente do capitalismo máis
cobizoso e depredador e que só o mantemento da movilización podería torcer as
intencións do goberno de seguir recortando os dereitos laborais e sociais,
especialmente dos máis débiles.
Pasaron xa oito meses dende aquél día.
E qué pasou?
Hai un millón máis de parados, embargáronse 80.000 vivendas
máis, arroxaron á miseria e á desesperación a centos de milleiros de persoas
máis, reduciron as prestacións de desemprego, temos que pagar máis, xubilados incluídos,
polas menciñas …. E así poderiamos seguir detallando todo o que este fato de
bandoleiros está a facer contra os máis débiles e contra o pobo traballador.
Tamén diciamos naquela ocasión que a única postura digna é a
da loita, que se loitamos podemos perder, pero que se non loitamos perdemos
seguro; que non podemos estarnos quedos mentres nos quitan o pan da boca e que
só coa movilización podemos intentar
agarrar o futuro coas nosas propias mans.
Hai quen, nestes meses, fiou de que a solución ía vir dos
circos electorais sen fiarse ds propias forzas do povo; outros, coma os
sindicatos institucionalizados, estiveron dándolle voltas durante meses á
movilización, agardando non se sabe qué.
A realidade é que cada día que pasa esténdese a inxustiza, a
dor, o sufrimento e a miseria por todos lados.
Estes días está na prensa que o goberrno vai tomar medidas
cos embargos; tamén a banca anuncióu cambios na súa política de rapiña. Estes
cambios, por pequenos que sexan, non teñen nada que ver con que ao goberno ou
aos banqueiros se lles abriran os ollos e descubriran de repente o sufrimento
da xente.
É a movilización social, e non outra cousa distinta, a que
está conseguindo os primeiros froitos neste eido.
Por iso, dende a CGT queremos facer unha invocación á
esperanza, porque estamos convencidos de
que, desde a movilización e a unidade de acción daquelas organizacións que
están despostas a loitar para acabar con este réxime de inxustiza e
desigualdade, é posible transformar as cousas, é posible poñer no seu sitio a
todos estes malfeitores e construír unha sociedade na que a dignidade dos
traballadores non sexa pisada polas botas dos poderosos.
Por iso, a CGT chama á movilización permanente da sociedade,
á insubmisión ante a inxustiza social, á fortaleza ante as medidas que estas
hienas nos teñen preparadas, á solidariedade popular e a non transixir con
aqueles que, dende as súas posicións de privilexio, sexan cómplices dos nosos
verdugos.
Por todo iso berramos consecuentemente:
VIVA A MOBILIZACIÓN PERMANENTE !!!
VIVA A LOITA DA CLASE OBREIRA !!!
VIVA A FOLGA XERAL !!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario