xoves, 27 de xaneiro de 2011

MANIFESTACIÓN XORNADA LOITA DO 27 DE XANEIRO DO 2011.








A mobilización é imprescindible
Os traballadores non podemos quedarnos
de brazos cruzados e non podemos
tolerar que esta situación continúe
ou que aínda empeore.

A CGT
considera que está nas nosas mans,
dos traballadores e traballadoras,
cambiala. O día 27, a clase obreira galega
está chamada á Folga Xeral, pero
non estamos sos.

O mesmo día, a CGT,
con outros sindicatos, convocou Folga
Xeral tamén en Cataluña e en Navarra;
tamén a CGT ten convocadas manifestacións
en apoio destas folgas en moitos
puntos do territorio español; os
traballadores de toda Europa estanse
mobilizando tamén ante as medidas
adoptadas polos seus gobernos respectivos.
O éxito da xornada de folga do día 27,
como ocorreu coa do 29 de setembro
pasado, dará pulo aos que, como a
CGT, consideramos que o día seguinte
temos que comezar a planificar as novas
accións que permitan que todos
xuntos deteñamos as políticas antiobreiras
do actual goberno. Tamén o
éxito desta folga será a garantía de
que se evitará o entreguismo do sindicalismo
que pretenda negociar dereitos
laborais por subvencións.
A CGT reitera o chamamento a toda a
clase traballadora e aos movementos
sociais para que participen activamente
na Folga Xeral do 27 de xaneiro, así
como nas mobilizacións que se convoquen
en defensa dos dereitos laborais
e contra as políticas antiobreiras do
goberno.

Ningún comentario:

Voceiro da CGT Correos A Coruña

Voceiro da CGT Correos A Coruña
Buzón rebelde