xoves, 27 de xaneiro de 2011

MANIFESTACIÓN XORNADA LOITA DO 27 DE XANEIRO DO 2011.



A Confederación Xeral do Traballo
(CGT) fixo un chamamento á clase traballadora
e á toda a sociedade coruñesa
para que participara, o 27 de
xaneiro, na Folga Xeral e nas mobilizacións
que se realicen naquela data en
defensa dos dereitos sociais e laborais
que nos están roubando e en protesta
polas políticas antisociais do goberno.
Só unha mobilización xeral, ampla e
firmemente levada a cabo polos traballadores
e traballadoras conseguirá
acadar as reivindicacións formuladas
nesta folga:
• Esixir traballo para todos
• Impoñer a derrogación da Reforma
Laboral
• Deter a ameaza sobre o sistema
público de pensións e xubilacións
Esixir traballo para todos
Máis de catro millóns de persoas están
no paro, das que máis de un millón
douscentas mil non perciben ningunha
prestación, condenadas a subsistir na
economía sumerxida ou na exclusión
social máis absoluta; máis de medio
millón sobreviven con 426 euros mensuais;
máis de nove millóns de traballadores
teñen rendas inferiores aos
9.000 euros ao ano; o 20 % da poboación
española vive na pobreza, ata o
extremo de que máis de un millón de
persoas tivo que arrastrar a súa dignidade
para ser alimentados nos comedores
de caridade o ano pasado.

Ningún comentario:

Voceiro da CGT Correos A Coruña

Voceiro da CGT Correos A Coruña
Buzón rebelde