martes, 5 de xuño de 2012

Primeiro e exitoso dia de folga na Carteria de VIGO


 A proba  piloto de Correos  do " haber que pasa" na carteria da pral de VIGO, non lles está salindo precisamente ben. Supoñemos que repensarán levar adiante o resto do plan que teñen deseñado para a cidade olívica. Si son un chisquiño agudos e listos, o farán.

Estes gurús decidiron  cortar polo sán e  eliminar dun plumazo 13 secciones de reparto... imaginarvos de ls 52 compañeiros de reparto , ahora só quedan 39!!! para atender a 170.000 persoas.

E diredes.... estes seica tolearon!!, pois parece ser que non, que xa preveían esta historia, esta contestación dos traballadores, mais  seguramente non tan atinada como  para dar estas supostas pérdidas que hoxe , no primeiro dia de folga indefinida  ( dende as 7 da mañán ate as 11:15 h) quedaron acumulados 40.000 envios dos que 25.000 son carta, 13.000 impresos e 2.000 sobres sin clasificar.

 Seguramente a preveían, tanto os  gurús do Centro Directivo como  os seus sagazes sindicatos, que apoian esta folga en principio ( ábrense porras para apostar que dia a deixarán previa negociación secreta, na que non entrará CGT, naturalmente!!)para lavarse a cara.

As espaldas están en alto... terán que pasar varios dias para ver con claridade as intencións dos gerifaltes e dos seus sindicatos.

Mais o que creemos non tiveron en conta é o cabreo xeneralizado que temos todos os traballadores de Correos, e estamos á que salta... creemos que non matizaron ben este cabreo... aunque CCOO, UGT, CSIF, SL quixás impriman unhas dosis de  prudencia dentro duns dias, as suas bases non poderán estar pola labor dos seus xefes sindicais, ou polo menos eso pensamos... quén sabe!... o que arestora cómprenos a todos é amosar a nosa máis completa e profunda solidariedade cos compañeiros de VIGO, que continuen adiante e só decirlles.

COMPAS DE VIGO: IDES POLO BÓ CAMIÑO. ADIANTE COA FOLGA!!!
A DARLLES UNHA LECCIÓN A ESTES TERRATENIENTES DE MENTIRA!!
A POR TODAS!!!

Ningún comentario:

Voceiro da CGT Correos A Coruña

Voceiro da CGT Correos A Coruña
Buzón rebelde