Hoxe, dia de loita e de solidariedade pola nosa dignidade e contra os recortes de postos de reparto, calidade e respeto que nos queren impoñer dende as alturas postais ; e cunha enorme carga de poñerse ó carón dos compañeiros en loita en VIGO, todala carteria da UR1 de A Coruña baixóu a entrada do edificio da Xefatura Provincial de Correos chamado polos seus sindicatos CCOO, CIG, CGT, CSIF e SL ( sin representación actualmente na provincia), agás a UGT para amosar os seus sentimentos laborais xunto á sua xenreira; veleiquí as fotos, perto de 75 compañeiros estiveron berrando, cantando, pasándoo pipa e recordándolle unha vez máis á cidadanía que os carteiros son parte dela, igual que a propia cidadanía é parte de Correos, do Correos que coñecemos e nunca renunciaremos.
Que saiban os que queren sacarlle negocio a esta parte do povo a que aterse. Podrán impoñer -como veñen facendo ultimamente- pola forza caciquil e os seus cartos , mais CORREOS SEMPRE ESTARÁ COA ALMA DO POVO, E O POVO CON A SUA EMPRESA PÚBLICA.
Que saiban os compañeiros de VIGO, que o seu exemplo coce nos nosos interiores, e que será unha referente para o futuro inmediato .
De seguido amosámosvos o manifesto ( distribuido en catro entregas ) feito para esta ocasión, lido na asambleia preliminar na UR1 minutos antes do acto na rúa.
MANIFESTO PARA
CONCENTRACIÓN DIA 12 DE XULLO
2012
Estamos
asistindo a degradación dun centenario servizo público, Correos , con a
previsible desaparición de miles de postos de traballo en todo o Estado.
Elo vai
supór un deterioro da calidade do servizo en canto á clasificación,
distribución e posterior reparto, que se traducirá en retrasos e outras
deficiencias relacionadas con o Servicio Postal Universal, garantido
teóricamente por ley pero non financiado á práctica con os recursos públicos
adecuados para atender ás necesidades de
tódolos cidadáns.
Si a elo
engadimos a do pase á SEPI e o anuncio por parte do Goberno de máis recortres e
eliminación de empregados públicos , parece lóxica a preocupación dos
traballadores da empresa que engloba tanto a funcionarios, laborais coma
eventuais, que ven peligrar o seu futuro laboral.
O presidente
de Correos diante dos medios de
comunicación extranxeiros plantexaba que a viabilidade da empresa pasa por unha
reducción dun 25% da sua plantilla. Como ben podemos presaxiar atendendo á
realidade que nos rodea, esta sangría de postos de traballo irá en aumento,mais
descoñecemos qué nova estratexia política seguiráse óp respecto.
Esta
incertidumbre só beneficia a quenes desexan implantar un novo modelo de empresa
a favor de potenciais inversores, sendo de novo tanto traballadores como usuarios
os afectados por unha crise económica e social que nunca provocaron........
Ningún comentario:
Publicar un comentario