luns, 31 de decembro de 2012

MENSAXE SINXELO DE FIN DE ANO!!!



Dende a CGT queremos finalizar este ano deixándovos unha sinxela mensaxe de confraternización , armonía e solidariedade.

 Entre nós, os currantes, só dende unha postura aberta, flexible e dialogante poderermos entender as diferentes sensiblidades que temos para poñernos a andar cara adiante.

Sin caer na trampa de poñe-lo carro diante dos bois, haberá que ser consecuente, agardar polos retrasados,  e discutir, falar, razonar cuestións e buscar alternativas si non as hai, pero sempre dende unha actitude enormemente constructiva de escoitarnos . 

Nestas alturas xá non cabe a intransixencia nin a insolidariedade. Sabemos que non sempre se lograr o que queremos e que existen carterias onde o compañeirismo non é grande, mais ese será o reto que teremos que rachar. 

Decatádevos que eso precisamente é o que quere a propia Xefatura:: DESUNIRNOS, para logo atacarnos por separado ate lograr os seus perversos fines, que son moitos e sutilmente  nolos deixarán entrever nun futuro cada dia mais perto.

Nós non deberemos caer nesa trampa, e pasar dos pequenos problemas que vaian surdindo entre nós, sempre con a  mirada posta no horizonte onde están os problemas, repetimos, sen perder nin un segundo en rifar ou pelexar entre nós.

Dende a CGT non imos escatimar esforzos en botar unha mán onde haia falta, e axudar a lograr esa unidade. A través do derradeiro ano 2012 propuxémonos dar unha asamblea mensual en aquelas carterias ( por desgracia, non todas) onde nos fora posible , e así seguirémolo facendo.

Seguiremos dando remedios para as efermidades e doenzas  que detectemos, mais será cuestión da actitude dos posibles enfermos que eses remedios dean resultado.

Veña, compañeiras e compañeiros!! váise este 2012 e escomenza un novo ano. 

DENDE A CGT DESEXÁMOSVOS BÓ ANINOVO!!!

Ningún comentario:

Voceiro da CGT Correos A Coruña

Voceiro da CGT Correos A Coruña
Buzón rebelde