martes, 4 de decembro de 2012

OUTRO DESPRECIO DA XEFATURA




Reclamamos a vosa atención sobre os dias de libre disposición, aqueles que ante un feito persoal temos dereito polo tempo indispensable. 

Pos ben; a un compañeiro denegáronlle o poder ir a examinarse para saca-lo carnet de moto da DGT. Dixéronlle que "tiña que coller un dia de asuntos propios".

Parécenos gravísimo que denegen o tempo indispensable a un compañeiro cando para realiza-lo examen con o obxeto de obtér o carnet de conducir, tés dereito a permiso perante o tempo necesario para desplazamento de ida, face-lo examen e desplazamento de volta. Hai permiso sempre que o  examen teña por obxeto a obtención dun títuo oficial .Por suposto, o examinado debe levar o xustificante acreditativo de volta.

Ou duas cousas: 

Ou a Xefatura está incumplindo o regulamento.
Ou que a Xefatura non se entera das suas obligacións.

Ou se cadra, ... unha terceira: 

A Xefatura ( cada día hai mais xefes a dedo sin P . I. dos seus cometidos) para non meterse en problemas e aforrar miserablemente un tempo noso, tersiversa as normativas , interpretándoas a sua maneira, optando pola solución máis gravosa para o compañeiro.

Fronte a iso, e fronte a o que significan estes xestos, non están facendo máis que gañarse unha resposta contundente do noso colectivo, cada vez máis concienciado , sensibizado e preparado grazas a estes desprecios.

Ningún comentario:

Voceiro da CGT Correos A Coruña

Voceiro da CGT Correos A Coruña
Buzón rebelde