Os inmigrantes non só están a sofrir as penalidades propias da súa situación (discriminación, alonxamento dos seus familiares e amigos, marxinación), senón que aínda ven agravada a súa situación polas políticas dos gobernos de turno, nesta ocasión polo goberno da Xunta.
Asi temos un decreto da Consellería de Sanidade no que se publican as tarifas dos servizos prestados no SERGAS e nas fundacións públicas sanitarias. Estas tarifas inclúen aos estranxeiros que non teñan dereito, por ser irregulares, non ter papeis ou, simplemente, por perder o dereito por estar no paro e ter transcorrido o tempo fixado nas leis.
A salvaxada das tarifas que se lles aplica é de tal calibre que non é posible calificala. Só hai que dicir que este, que é o país da Europa no que menos gasto social e sanitario hai por persoa, pretende cobrar aos particulares o mesmo que lle paga aos centros privados cos que concerte, é dicir, non se ten en conta nin siquera que a sanidade privada ten un beneficio. En definitiva, que a sanidade pública galega ten intención de gañar cartos cos inmigrantes. Algúns exemplos das tarifas que se van aplicar son os seguintes:
|
martes, 4 de decembro de 2012
TARIFAS SANITARIAS PARA OS INMIGRANTES
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario