venres, 9 de xaneiro de 2009

CONCENTRACION NESTE FIN DE SEMÁN DE SOLIDARIEDADE CON PALESTINA




Xa este venres terán lugar outras concentracións convocadas con anterioridade: en Ferrol, ás 20.00, diante do edificio da Xunta (na Praza Amada García); nas Pontes, ás 19.00, na Praza do Hospital; e na Praza do Concello de Ponferrada, ás 20.30. Este sábado 10 será a Xornada Nacional de Mobilización por Palestina en varias vilas e cidades, co lema "Galiza con Palestina. Non ao masacre!"

Así, en Pontevedra comezará ás 20.00 na Praza da Ferraría; en Vigo comezará ás 18.00 dende o cruce da Vía Norte con Urzáiz, para rematar na Porta do Sol; en Compostela, arrinca ás 20.30 do Toural para rematar no Obradoiro, onde se lerá un comunicado; e na Coruña, á mesma hora, terá lugar unha concentración no Obelisco.

Ningún comentario:

Voceiro da CGT Correos A Coruña

Voceiro da CGT Correos A Coruña
Buzón rebelde