A CONTINUACIÓN REFLEXAMOS A NOTA DE PRENSA QUE, CON MOTIVO DA INMINENTE CAMPAÑA A DESENROLAR NA OFICIÑA DE CARBALLO, A XUNTA DE PERSOAL E O COMITÉ DE EMPRESA MANDARON ONTE ÓS MEDIOS DE COMUNICACIÓN.
DENDE A CGT SEGUIMOS INSISTINDO EN QUE NUNCA, NUNCA HOUBO NO MUNDO SINDICAL PROVINCIAL DE CORREOS UN MOVIMENTO COMO O QUE ESTAMOS CONSEGUINDO DENDE A XUNTA DE PERSOAL E O COMITÉ DE EMPRESA. INDEPENDENTEMENTE DOS LOGROS CONQUERIDOS, ESTÁSE TRABALLANDO FIRME,CON CONSTANCIA E ILUSIÓN.
A Xunta de Persoal e o Comité de Empresa de Correos da Coruña conformadas po-los sindicatos CGT (CONFEDERACIÓN XERAL DO TRABALLO); CIG, UGT, E SL (SINDICATO LIBRE); seguimos coas nosas medidas de presión para que Correos cumpla na provincia da Coruña coas obrigas estipuladas na Lei Postal –entrega diaria en cada domicilio, do correo , a lo menos 5 días á semán-.
Os últimos estudos de dimesionamento da unidade de reparto de Carballo, foron realizados en outubro do ano 2001; dando como resultado unha adxudicación de plantilla de carteiros de 7 urbanos e 9 rurais.
Dende o ano 2001 o censo de Carballo incrementóuse em 2500 veciños; acadando ahora o municipio os 31.000 habitantes; e sendo o medre urbanístico, según datos do Concello; de 3.382 novas vivendas dende o ano 2003 ata agora.
Na defensa de un Correo público e de calidade, e da dignidade no traballo, concentrarémonos diante da Oficina de Correos de Carballo o próximo día 15 de xaneiro de 2009 ás 9:15 horas da mañan, os compañeiros de Carballo e os delegados da Xunta de Persoal e do Comité de Empresa.
O problema de insuficiencia de plantilla é unha constante nas unidades de reparto da provincia, así como o é que os xefes de esas unidades presionen ós compañeiros para que repartan volumes de correo imposibles; como a falla de persoal é tan patente, estas pretensións son irrealizables; pero moitísimas veces os xefes consiguen coas suas presións directas, que os carteiros entren antes da sua hora e salgan despóis de terminada a sua xornada legal, para así entregar máis correo.
Os que non están dispostos a incumplir o horario regalando tempo a Correos, son mal vistos, e ás veces ata, perseguidos po-los seus xefes, que lles abren expedentes sancionadores acusándoos de falla de rendemento.
Na cartería de Carballo, coa plantilla actual, repártese o correo en dias alternos e/ou, en tres e catro dias, según os volumes de correspondência que vaian entrando; ademais, xenéranse uns volumes mínimos de pendentes diários de 5000 envíos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario