ANTES DE ESCOMENZAR A PUBLICAR OS MELLORES DESTE ANO, IMOS PUBLICAR A DEFINICIÓN DAS LISTAS, PARQ QUE NINGUÉN SE LEVE O ENGANO...
LISTA MINGUADA.- Dícese dos integrantes da mesma que carecen de luces no cerebelo, que foron elegidos para uns postos dos que non son quén de desempeñalos.
LISTA ESIXENTE.- Dícese dos integrantes da mesma que son famosos por esixir (inluso con amenazas) o que eles non fán nin saben facer; dando paos de cego para contentar a sua superioridade usando como “conejillos de indias” ós seus subordinados, (ás veces con sutilezas, a veces acosando).
Tamén dícese de aqueles que esixen a realización de determinado traballo sen poñer as condicións necesarias para cumpli-lo.
LISTA OBEDIENTE.- Dícese dos integrantes da mesma que son nobles y obedientes con seus superiores e prepotentes e duros con os seus subordinados, non faltándolles escrúpulos para ordenar a éstes o que lles manden aqueles, aunque contradiga a Lei Laboral.
LISTA PASOTA.- Dícese daquel@s que pasan de todo, figurando por figurar.
LISTA INVISIBLE.- Dícese de aquel@s @s que nunca se lles vé , nin aparecen por ningures cando a sua presencia responsable é necesitada.
LISTA SORDA.- Dícese de aquel@s que non se enteran de nada, por máis que lles repitas as cousas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario