xoves, 29 de xaneiro de 2009
MOVIDA EN BOIRO - 15 (Comunicado final)
Absolutamente tódolos traballadores da Oficina de Correos de BOIRO secundaron no derradeiro luns, dia 26 de Xaneiro o chamamento da Xunta de Persoal e o Comité de Empresa , concentrándose diante da mesma xunto con os seus representantes membros dos referidos Comités de Representación , na hora prefixada e xusto despois dunha asembleia que os membros dos Comités impartiran neste mesmo centro.
Coa clara reinvindicación dun Correos público e de calidade, pedíuse tamén o cese de toda postura arbitraria e irrespetuosa dos mandos desta oficina, que alteraron nos derradeiros anos o clima laboral , creando unhas tensións laborais máis propias doutras épocas.
Correos , lonxe de comprender e buscar unha solución para a problemática boirense, só aportóu a presencia de dous inspectores, os cales veñen facendo un seguimento a estes tipo de actos dos comités coruñeses, sin tomar ningunha outra medida cara á mellora do servizo postal.
Xa por último, os comités de representación provinciais queren deixar claro que a apertura destas frontes de loita en NARON, CARBALLO E BOIRO, terán unha continuidade e un seguimento que só finalizará cando se satisfagan as necesidades reinvindicativas que deron lugar a estos actos.
Xunta de Persoal
Comité de Empresa
A Córuña
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario