luns, 26 de xaneiro de 2009

CRONICA URXENTE DA CONCENTRACIÓN EN BOIRO

Hoxe, dia 26 de Xaneiro, luns; TODOS @s compañeir@s de BOIRO fixeron un exercicio de liberdade reclamando DIANTE DA SUA OFICIÑA e na compaña dos seus representantes da Xunta de Persoal e o Comité de Empresa; dignidade para o seu traballo, profesionalidade e competencia para os seus xefes e o fin do acoso laboral, menosprecios e faltas de respeto ó que están sendo sometidos moitos del@s polos seus capitanes de sempre, o novo risueño e o vello langrán.

Curiosamente alí chegaron como caídos do ceo os nosos amigos Rinconete y Cortadillo (vamos!, familiarmente chamados por todos ZIPI Y ZAPE), que o igual que en Narón y en Carballo viñeron (cuan estela nosa que cuan cohete imos deixando según vamos...) a adornar a nosa presencia; enviados a cuerpo de rey ,con dietas e coche da empresa , polos seus próceres coruñeses para vixilar a contienda (e a nós tamén!) y en suma, o acto.

A CGT como membro da Xunta de Persoal vai unha valoración moi positiva tanto do acto, como da campaña levada a cabo en Boiro, que como as de Carballo e Narón, sentaron un precedente e que próximamente terá continuidade.

Tamén quere sair o paso de comentarios baratos que sabemos que fará a propia Xefatura, para comunicar que estas campañas nas tres oficiñas referidas son só o primeiro paso dun longo seguimento que só deixará de facerse cando se satisfagan as demandas esixidas.

Pronto colgaremos as fotos da protesta. ...
... e por certo...

... Agardamos tér saído guapos nas fotos que nos quitara a Policia Local!!

Ningún comentario:

Voceiro da CGT Correos A Coruña

Voceiro da CGT Correos A Coruña
Buzón rebelde