xoves, 29 de xaneiro de 2009

MOVIDA EN BOIRO - 13 (A TRAMPA OU A TRAMA?)




O problema de insuficiencia de plantilla é unha constante nas unidades de reparto da provincia, así como o é que os xefes de esas unidades presionen ós compañeiros para que repartan volumes de correo imposibles; como a falla de persoal é tan patente, estas pretensións son irrealizables; pero moitísimas veces os xefes consiguen coas suas presións directas, que os carteiros entren antes da sua hora e salgan despóis de terminada a sua xornada legal, para así entregar máis correo.

Os que non están dispostos a incumplir o horario regalando tempo a Correos, son mal
vistos, e ás veces ata, perseguidos po-los seus xefes, que os acusan de falla de rendemento.

Na cartería de Boiro , coa plantilla actual, hai zonas nas que se reparte o correo en dias alternos e/ou, en tres e catro dias, según os volumes de correspondência que vaian entrando.

Ningún comentario:

Voceiro da CGT Correos A Coruña

Voceiro da CGT Correos A Coruña
Buzón rebelde