xoves, 29 de xaneiro de 2009

MOVIDA EN BOIRO - 1 ( NON É A PRIMEIRA VEZ!!)



De certo non fora a primeira vez, de certo cada quén de nós por separado estamos máis que fartos de saber das inxustizas que na oficiña de Boiro crearon eles.

Mais hoxe, agora, sí que é a primeira vez que imos todos xuntos na más forte unidade arredor da Xunta de Persoal e Comité de Empresa. Dispostos a mandar parar dunha vez por todas as inxustizas da oficiña de Boiro.

Temos que decir, que absolutamente tódolos compañeiros e compañeiras secundaron a concentración (agás zipi e zape, que esta vez se quedaron sen ir tomar café, porque DESTA non houbo naide que os invitara).

TODAS E TODOS con unha enorme dignidade estiveron en primeira liña , sostendo a pancarta e detrás dela.

Dende eiquí somentes decir que esa postura fáinos creer de firme na palabra SOLIDARIEDADE, COLECTIVO e UNIDADE.

e SOBRETODO nunha palabra resultante, o que a dirección teme: A FORZA.

VAI POR TODOS VÓS, QUERIDAS E QUERIDOS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS DE BOIRO!!!!!

FUCHEDES UN EXEMPLO E SODES UNHA HONRA PARA TODOS NÓS!!

Ningún comentario:

Voceiro da CGT Correos A Coruña

Voceiro da CGT Correos A Coruña
Buzón rebelde