venres, 20 de xuño de 2008

O PORTO DA CORUÑA : OUTRO ESCAQUEO DE CORREOS

Fora dende sempre; cun problema latente dende hai moitos anos, cunha amenaza de atropeio ou de caída dos nosos compañeiros de promedio bastante alto.

Si por alí pasóu algo algunha vez con eles , non o sabemos: o medo e o esquecemento voluntario axudaron a esquecer calisquer suceso. Mais o que sí é certo é que algún susto levaron, levan e levarán!!

Si, decimos "levarán". Falamos en clave de futuro porque Correos seguirá sen facer nada, con a sua táctica do escaqueo e de non meterse en problemas, aún nin par defender e protexer ós seus empregados.

Así as cousas, nós dende CGT decidimos facer algo: así que primeiro optamos polo conducto interno, en dirixirnos ó organismo de Correos que vele por ese tema: O COMITÉ PROVINCIAL DE SAÚDE LABORAL.

Velahí a continuación a escrita que lle diriximos.


A continuación publicámosvos a denuncia á Inspección de Traballo, en vista que ese Comité non contestara... igual se lle fixo grande o problema!!

.. E así ate o dagora. Agardamos que pronto haia novas fortes, porque na propia Inspección de Traballo acusóu a denuncia e tramitóulla a propia Autoridade Portuaria.... haber en que queda todo esto.

Como no asunto dos buzóns de Arteixo 14, CORREOS fixo gala da sua máxima:

"SI TE HE VISTO, NO ME ACUERDO"

VELAHÍ VÁIVOS O CONXUNTO DE FOTOS, ESCRITOS E DENUNCIAS. TOMADE CONCIENCIA DO QUE PASA. É A REALIDADE ACTUAL DE CORREOS...

PORTO DA CORUÑA ( A CGT INICIA AS DENUNCIAS DENTRO DE CORREOS)

Á presidenta do Comité Provincial de Saúde Laboral de A Coruña

Tendo este Sindicato, coñecemento das circunstancias en que os compañeiros de reparto do Muelle (Porto) de A Coruña, teñen que facer a sua laboura, tanto nos turnos de mañán, como nos de tarde e/ou urxentes, é po-lo que vimos a plantexar a seguinte denuncia e peticións.
Segundo poidemos constatar,
1.- O estado das vías de comunicación dentro do muelle é de por sí perigoso(moita suciedade de graxa ,sobre todo, con grave perigo de deslizamentos incontrolables da moto , baches que son socavóns, cruces das vías férreas coas carreteras; que fan máis penoso e perigoso o circular en moto por posibeis enganches das rodas deste vehículo nos raíles, etc.)
2.-Regulación do tráfico da zona inexistente, nin camións, nin carretillas, nin turismos particulares repectan os cruces y/ou, outras normas. Sensación de risco permanente dos repartidores/as, que nos cruces ven aparecer a elevada velocidade grandes camións que paran, ou non, ó chegar ós “cedas”, “stops”, etc., con todo o seu impoñente volume, ante unha moto.
3.-Bloqueo de vías e pasos por grandes camións de carga, obligando ós compañeiros/as a buscar vías alternativas de acceso facendo longos percorridos que inciden sobor do incremento do risco e dos tempos de traballo.
4.-Utilización habitual po-los vehículos que circulan no recinto, de carriles habilitados para un só sentido en ámbo-los dous, sin que ningunha autoridade o impida (muelle Palloza, na súa parte interior).
O muelle de San Diego, o máis perigoso, concentra con frecuencia nos aledaños da Empresa Berge grande cantidade de longos camións que obligan ós compañeiros/as a extremar os cuidados para pasar entre eles (único espazo posible), sin sufrir accidente, todos sabemos que nestos grandes vehículos hai zonas “cegas”.
Na mesma área, deténse frecuentemente o tren, constituíndo un perigo e obstáculo a maiores.
Por todo esto, é po-lo que solicitamos:
1.-Avaliación Individual de Riscos de estos postos de traballo, tarefa que esiximos se realice urxentemente.
2.-Intervención activa da Empresa para solucionar os problemas e evita-los riscos aquí postos de manifesto e os que poideran deducirse da Avaliación Individual de Riscos esixida.
3.- Inclusión desta demanda no orde do día da vindeira xunta do CPSL.

Sin outra particular, saúdoa.
A Coruña, a 7 de novembro de 2007

OS BUZÓNS QUE ATENTAN CONTRA A DIGNIDADE DO CARTEIRO



Pola forma de ubicación dos buzóns, dáse a entender a pouca credibilidade que temos os de Correos alí, e de cómo pasan por riba dignidade.

Outro caso parello ó da Avda. de Arteixo 14.

PORTO DA CORUÑA. Camión adiantando

PORTO DA CORUÑA. Camión pechando unha nave

PORTO DA CORUÑA. Cruce do "Corte Inglés"



Imaxinádevos o peor!!

PORTO DA CORUÑA. VELAHÍ A GRUA...

... E CHEGÓU A GRÚA!!!



SÍ, PERO UNHA GRUA MÓVIL, QUE MOI LENTAMENTE TAMÉN OCUPA A CALZADA.O PERIGO NON É PRECISAMENTE A GRUA SENÓN OS OUTROS COCHES E CAMIÓNS Ó ADIANTA-LA, POIS O ESPAZO PARA FACE-LO É CURTO E A VISIBLIDADE É NULA.

PORTO DA CORUÑA. Alí xúntanse camións, trens...



HAI QUE IR COS CINCO SENTIDOS POSTOS!!

PORTO DA CORUÑA. DENUNCIA INSPECCIÓN TRABALLO (1ª PARTE)

Á INSPECCIÓN DE TRABALLO
A CORUÑA



Andrea Abeledo Morado, con DNI 32633414W, Segredaria Provincial e Delegada de Persoal da Confederación Xeral do Traballo (CGT), en adiante CGT; e Manuel Camba Gayoso, Delegado Sindical de CGT, con DNI 33819413Y, con domicilio a efectos de notificacións no local sindical de CGT, 2ª planta, Rua Alcalde Manuel Casas, s/n. 15070 A Coruña e teléfono 636312271

DECIMOS

1. Que actuamos en nombre y representación del Sindicato Provincial de Correos de A Coruña de la CGT.
2. En virtud de lo establecido en la Ley 31/95 de 8 de Noviembre de Prevención de Riesgos Laborales, que por medio del presente escrito venimos a formular denuncia por Infracción de Normas, contra la Sociedad Estatal Correos y Telégrafos SA con domicilio en la calle Alcalde Casás , 15080 A Coruña en base al siguiente
3. Elevando ante o Comité Provincial de Saúde Laboral a escrita nº de data , que se anexa e ante o silencio oficial tanto deste comité como da Jefatura Provincial de Correos respecto ó demandado por este Sindicato, que, recordemos, é o seguinte:

1.-URXENTE avaliación Individual de Riscos dos posto de traballo do CARTEIRO DE ORDINARIA, E DO CARTEIRO DE URXENTES DE CORREOS., que son os dous repartidores extranos o medio , cuia peligrosidade nos seus desplazamentos polo Porto acabamos de pór de manifesto na presente escrita.

2.-Intervención activa da Empresa para solucionar os problemas e evita-los riscos aquí postos de manifesto e os que poideran deducirse da Avaliación Individual de Riscos esixida.
BASEAMOS E ACOMPAÑAMOS ESTE TRABALLO NO INFORME DA NOSA VISITA DE INSPECCIÓN SINDICAL Ó PORTO DE A CORUÑA. FEITA O DIA 20 DE DECEMBRO DO 2007 ÁS 10:30 HORAS QUE DE SEGUIDO PASAMOS A RELATAR:

SORTEANDO OBSTÁCULOS CON A MOTO!!



No reparto no Porto da Coruña tés que ir a modo , porque si vás con presa a levas clara.
Mirade o paso angosto entre dous camións: haberá algunha sorpresa escondida que non vai ver o noso compañeiro motorista hasta que esa sorpresa se lle bote enriba???

... E así tódolos dias... ate que pasa algo!!

Algo irreparable...

PORTO DA CORUÑA. DENUNCIA INSPECCIÓN TRABALLO (2ª PARTE)

PREÁMBULO

O que temos que tér en conta un xeito global é o carácter desta zona portuaria , englobada dentro de un enorme espazo de traballo.
Todos sabemos que un espazo de traballo case sempre non se rixe polas normas públicas habituais, senón que elabora as suas propias normas e normativas, que bén pódense transigir ou alterar según a conveniencia do traballador ou da empresa, con ánimo de buscar mayor rentabilidade e cumplir os obxetivos empresariais : dende a de buscar atalllos para aforrar tempo e diñeiro, ate o clásico dito de traballar máis no menor tempo posible.
Así temos pois unhas normas de comportamento vial creada específicamente polos traballadores dese espazo de traballo que é o Porto de A Coruña.

Porque si se cumplen os obxetivos empresarias (cada día máis precarios, competitivos e voraces), non se respectan as normas viais públicas.

En este ambente de traballo, ollamos un colectivo de traballadores as veces pouco formado en prevención de riscos y en saúde laboral que sigue ó pé da letra os ditos clásicos mencionados antes.

Moitos dos traballadores dese campo de traballo está conducindo un medio de locomoción, sen decatarse das normas oficiais de circulación e as clásicas normas de prevención de riscos laborais, dándolle trato preferente e total ós seus cometidos e a doctrina empresarial empregada no parágrafo anterior.

ENCONTRO INESPERADO!!!



OS CAMIÓNS SÁLENCHE INESPERADAMENTE DE CALQUÉR CRUCE.
RECÓRDANOS A NOSA COMPAÑEIRA RURAL QUE FORA ATROPELLADA E MORTA CANDO A ARROLLÓU UN TRACTOR QUE DOBLARA UNHA ESQUINA DUN XEITO INESPERADO.

PORTO DA CORUÑA. DENUNCIA INSPECCIÓN TRABALLO (3ª PARTE)

MEDIOS DE LOCOMOCIÓN.

A modo de ferramentas móviles de traballo, atópanse toda clase de vehículos:

1. Unha verdadeira flota de palés de varios tamaños, que, con unha facilidade de maniobra notoria, circulan continuamente polos recintos, vias de comunicación y entradas.
2. Furgonetas
3. Coches turismo con remolque.
4. Camionetas de mediano e grande tamaño.
5. Camións medianos e grandes (trailers).

Así temos as despostas a de porqué os vehículos motorizados do porto actúan sen respetar as normas con o feito prioritario de cumplir obxetivos empresariais.

OS VIALES ESTÁN NUN DEPRORABLE ESTADO.



... E AGRAVADO POLAS MANCHAS DE ACEITE, SAL, ETC. E NON VOS DIGO CANDO CHOVE...

PORTO DA CORUÑA. DENUNCIA INSPECCIÓN TRABALLO (4ª PARTE)

O estado das vías de comunicación dentro do muelle é de por sí perigoso, producido por un abandono sistemático , unha falta de vixiancia, un esquecemento das normas de prevención de riscos no traballo e unha carencia de manteñemento e millora do firme:

1. hai sitios concretos con acumules y restos de sal,
2. outros con moita suciedade de graxa y
3. en xeral sempre mollados .
4. Alteracións bruscas de desniveis dentro da calzada, con grave perigo de deslizamentos incontrolables da moto ,
5. Cruces de marquesina con manchas de grasa.
6. baches que son socavóns,
7. Vias de ferrocarril, e cruces das vías férreas coas carreteras
8. En moitas veces, e dentro das zonas de traballo, as vías estréitanse bruscamente por coches mal aparcados en batería , que sobresalen no vial.
9. En outras veces, hai vehículos aparcados en doble fila, dificultando a visiblidade del tránsito.

...ONDE O TRÁFICO FLUIE EN TOTAL DESORDEN!!



Máis dun susto se teñen pegado os nosos compañeiros motoristas

PORTO DA CORUÑA. DENUNCIA INSPECCIÓN TRABALLO (5ª PARTE)

Os traballadores do medio coñecen á perfección os lugares exactos e puntos negros dos puntos denantes relatados, polo que gracias a sua práctica diaria, a sua chamada “prevención recordatoria de memoria” resúltalles moi util, porque sobrentenden os peligros e os prevéen dun xeito improvisado.


Os problemas veñen cando ese espazo de traballo está conectado ós viais públicos, que si ben están convenientemente sinalizados e restrinxidos, estánse facendo uso de ese espazo de traballo persoal alleo ó mesmo , xeramente motorizado, que non coñece nin as tácticas, nin os métodos nin as formas que se levan e son imperantes dentro do mundo dese espazo de traballo, como son os repartidores en moto de Correos.

Este persoal alleo á este espazo de traballo que representa o Porto de A Coruña, como os repartidores en moto de Correos, ó adentrarse en un campo de traballo completamente alleo , para cumplir cunha finalidade laboral que é a de levar o Servicio Público de Correos a cada empresa que traballa en ese campo de traballo.
Este persoal alleo tén na sua contra a desventaxa de non coñecer as normas de traballo e de comportamento dese campo, extrano para él. Tampouco coñecen o estado anormal e abandonado dos viais, que ofrece asemade duns desniveis bruscos e cruces perigosos , unha descuidada obra , cunha carencia absoluta de manteñemento, ofrecendo por falta de nivelación ou de recheo, uns baches e socavóns que constituien uns puntos negros no percorrido do repartidor de Correos que, recordemos, por ser alleo o medio, non o coñece bén..

VELAHÍ VEN UN MERCANCÍAS !!!

PORTO DA CORUÑA. DENUNCIA INSPECCIÓN TRABALLO (6ª PARTE)

E teñen que asumir que na sua zona de reparto neste lugar de traballo portuario a regulación do tráfico da zona sea inexistente,

1. RESPECTO ÁS NORMAS.- nin camións, nin carretillas, nin turismos particulares repectan os cruces y/ou, outras normas, collendo alguns o sentido contrario do vial.
2. VELOCIDADE.- a elevada velocidade grandes camións que paran, ou non, ó chegar ós “cedas”, “stops”, etc., con todo o seu impoñente volume, ante unha moto.
3. SINAIS DE TRÁFICO .-Inexistencia de sinais de tráfico restrinxindo a velocidade a 30 km, dentro das zonas de traballo.
4. VIXIANCIA.- Non se vé que haia unha vixiancia, agás dos efectivos da propia garda do porto.
5. CARRÍS .-Utilización habitual po-los vehículos que circulan no recinto, de carriles habilitados para un só sentido en ámbo-los dous, sin que ningunha autoridade o impida (muelle Palloza, na súa parte interior).
6. APARCAMENTOS.- En moitas ocasións óllanse turismos mal aparcados ou que sobresalen da liña clásica de aparcamento, ofrecendo un potencial peligro.

PORTO DA CORUÑA. DENUNCIA INSPECCIÓN TRABALLO (7ª PARTE)

OBSTACULIZACIÓN Y ENTORPECEMENTO DO REPARTO ÁS EMPRESAS

1. –ACCESOS BLOQUEADOS.- Bloqueo de vías e pasos por grandes camións de carga, obligando ós compañeiros/as a buscar vías alternativas de acceso facendo longos percorridos que inciden sobor do incremento do risco e dos tempos de traballo.
2. , concentra con frecuencia nos aledaños da Empresa Berge grande cantidade de longos camións que obligan ós compañeiros/as a extremar os cuidados para pasar entre eles (único espazo posible), sin sufrir accidente, todos sabemos que nestos grandes vehículos hai zonas “cegas”.
3. Na mesma área, deténse frecuentemente o tren, cunha cantidade forte de vagóns , constituíndo un obstáculo e provocando un entorpecemento para o reparto a dita empresa Berges.

PORTO DA CORUÑA. DENUNCIA INSPECCIÓN TRABALLO (8ª PARTE)

ACCIDENTES E CONTRATEMPOS DOS NOSOS REPARTIDORES DE CORREOS

Hai uns poucos meses, o carteiro de ordinaria tivo un accidente, o quedárselle enganchada nunca via a roda dianteira da sua moto.

Hai unhas poucas semáns, o carteiro de urxentes tivo unha caída no centro dunha marquesina de circulación rotatoria, xunto diante dun trailer a toda marcha. A caída fora producida por restos de aceite vertido no pavimento.

PORTO DA CORUÑA. DENUNCIA INSPECCIÓN TRABALLO (9ª PARTE)

ACTUACIÓNS SINDICAIS DA CGT

Elevando ante o Comité Provincial de Saúde Laboral a escrita nº de data , que se anexa e ante o silencio oficial tanto deste comité como da Jefatura Provincial de Correos respecto ó demandado por este Sindicato, que, recordemos, é o seguinte:

1.-URXENTE avaliación Individual de Riscos dos posto de traballo do CARTEIRO DE ORDINARIA, E DO CARTEIRO DE URXENTES DE CORREOS., que son os dous repartidores extranos o medio , cuia peligrosidade nos seus desplazamentos polo Porto acabamos de pór de manifesto na presente escrita.

2.-Intervención activa da Empresa para solucionar os problemas e evita-los riscos aquí postos de manifesto e os que poideran deducirse da Avaliación Individual de Riscos esixida.

3.- Revisión MENSUAL dos vehículos (motos) destos dous repartidores de Correos.

venres, 13 de xuño de 2008

BUZÓNS MAL COLOCADOS. 00 (O documento gráfico)

BUZÓNS MAL COLOCADOS. 0 (Presentación)

Ímosvos contar como fora o desenrolo deste asunto, algo que sen dúbida estáse a repetir por todo o Estado sin que na grande maioría dos casos, os compas de reparto fagan nada por remedia-lo.

Contaremos-vos cómo e con qué malicia, os xefes apuntáranse o tanto da victoria do colectivo neste asunto ...

cando uns meses atrás , cando lles ensinaran os dentes esos veciños "poderosos"...

eses mesmos personaxes tiveran que abandonar vergonzosamente, deixando ó seu compañeiro na estacada.

... E condenándoo a servirlles diariamente o Correo en estas indignas condicións.

BUZÓNS MAL COLOCADOS. 1 (Preámbulo)

PREÁMBULO

O Sr. Xefe de Distribución da Coruña arrogóuse a titulariedade de ter dado solución ó problema que lle crea a un compañeiro carteiro embuzonar o correo ordinario na finca situada na rua Avda. de Arteixo, 14, onde os buzóns da fila máis baixa están a 30 cm, do chan, obligando a quen sirva o correo no edificio a adoptar posturas contrarias ós principios de prevención de riscos laborais “poniendo en claro riesgo su salud”, según manifesta o Sr. Subdirector de Regulación de Servizos Postais; (aparte de supoñer unha indignidade).

Certos tipos de xefes gostan de denostar o sindicalismo e intentan (conseguíndoo moitas veces) atraer ós subordinados con xestos tipo “eso amáñocho eu”, e o que fan é darche esos dias que son permisos regulados os que tés dereito (enfermidade, familiar, nacemento fillo, matrimonio, falecemento familiar, etc) , vendéndochos como un favor po-la amizade que vos une e , á que sempre lle terás que corresponder cando se tercie estando sempre do seu lado (ainda nas mentiras e inxustizas) ; facendo horas gratis ou traballando a destajo para que non teña él que dar pendentes e quede ante os seus superiores como un bó organizador, etc.

Mire vostede; mesmo sospeitamos que non tivo vostede responsabilidade determinante na solución do problema.

Imos ver:

BUZÓNS MAL COLOCADOS. 2 (Capítulo I)

CAPÍTULO PRIMEIRO.- CRUCE DE ESCRITOS

Cando o compañeiro afectado denunciara o problema dos buzóns de Arteixo, 14, ó seu xefe inmediato; ése actuóu remitindo escrita á Comunidade de Veciños de Arteixo 14, e dándolles un prazo de 15 dias para amaña-lo problema, transcurrido o cál sin solucións; o correo serviríaselles na Oficiña Principal.

Repóstanlle da Comunidade de Veciños que os buzóns levan así 50 anos, que son cómodos e que lles daría moito follón cambialos.

Nova carta do sr. Domínguez Alonso, xefe inmediato do compañeiro afectado á comunidade insistindo na irregularidade e dándolles un novo prazo de 15 días para obter solucións.

Ante esta misiva, a Comunidade de Veciños dirixe escrita de consulta e queixa ó Sr Xefe Provincial na que pon en dúbida as competencias de Domínguez Alonso para suspenderlles o servizo de Correos e insiste no seu dereito a continuar cos buzóns obxeto de litixio

BUZÓNS MAL COLOCADOS. 3 (Capítulo II)

CAPÍTULO SEGUNDO.- INHIBICIÓN DO PROBLEMA POR PARTE DA XEFATURA, CONVERTÍNDOO NUNHA PROBLEMÁTICA SINDICAL

Para CGT o problema plantexado polo compañeiro (ó que apoiamos dende o principio) é un problema de tipo organizativo que debe ser solventado polas xefaturas igual que o son outros como sobredimensionamento de seccións, falla de medios materiais e humáns para traballar, etc. pero visto que dende o primeiro requerimento á Comunidade de Veciños do Sr. Domínguez Alonso, ata a carta última da comunidade transcurriran casi 3 meses có problema sin arranxar; estimamos en CGT que o caso dos buzóns de Arteixo 14 se tiña convertido nun problema sindical, posto que estaba en xogo o dereito á saúde dun compañeiro, e os xefes non poñían todo o interés, ou non sabían como solventa-lo asunto.

BUZÓNS MAL COLOCADOS. 4 (Capítulo III)

CAPÍTULO TERCEIRO.- A CGT INICIA AS SUAS INDAGACIÓNS

A Segredaria Provincial de CGT mantivo entrevistas persoais coa Xefa de Loxística e o Xefe de Cartería , sr. Domínguez Alonso, que manifestaron estar de parte do compañeiro e querer seguir a resolve-lo problema; pero que a comunidade alegaba ilicitude á pretensión de Correos de suspenderlle-lo reparto , xa que ademáis o servizo prestáraselles sin problema ata agora; e que existía un precedente parecido (que non igual) , no que se condenara a Correos despóis de que a entidade dira orde de non servir ós veciños de un edificio por outras irregularidades que afectaban ó tempo de traballo do carteiro (é decir: á rendabilidade de Correos); a repoñe-lo servizo.

Viñeron así a recoñecer estar nun calexón sin saída.

MENUDO ACOJONE COLLERON OS QUE DEBERIAN VELAR POLA NOSA SEGURIDADE NO REPARTO!!




Entrada "Señorial" ó portal de Avda. de Arteixo, 14, onde disque habitan xente poderosa que puso a Correos co rabo entre as pernas...

BUZÓNS MAL COLOCADOS. 5 (Capítulo IV)

CAPÍTULO CUARTO.- A CGT INVOLÚCRASE ATE O FINAL

A Segredaria Provincial de CGT indicóulles que CGT pola súa banda ía intentar buscar solucións ó problema vista a lentidude do proceso e o constante perxuizo do compañeiro.

Ademáis ofrecéu un modelo de escrito redactado por ela mesma, para que se lle dirixira á Comunidade en conflicto, que ó noso ver estivera faltando o respeto tanto ó sr. Dominguez Alonso como á propia Sociedade Estatal e por descontado ó carteiro.

En escrita de 12.12.07 dirixida ó Sr. Domínguez Alonso, a Segredaria de CGT pídelle de novo que se requira á Comunidade da Avda Arteixo 14, que amañe a ubicación dos buzóns, anunciándolle que si no prazo de 15 dias non tiñamos comunicación de que o problema estivera en vías de solución, denunciaríamos o caso ante a Inspección de Traballo e ante a Subdirección de Regulación de Servizos Postais.

Recibimos contestación escrita o 18.12.07 do Sr. Domínguez Alonso na que expoñendo razóns do art. 16.4 da Normativa Postal, manifestaba se vían na “disyuntiva de tener que continuar con la prestación del servicio tal y como viene recogido en la normativa postal”.

BUZÓNS MAL COLOCADOS. 6 (Capítulo V)

CAPÍTULO QUINTO.- O QUE CORREOS NON QUIXO DEFENDER, A CGT O DEFENDE... E O CONSIGUE!!

Daquela CGT presenta sendas denuncias, producto das que o 12.5.08 contestóunos o Subdirector Xeral de Regulación dos Servizos Postais que ían requerir ós veciños de Arteixo 14 parra que en 2 meses colocasen os casilleiros conforme á normativa recollida no Regulamento de Prestación dos Servizos Postais. Que si pasados os dous meses non o fan así, a correspondencia terán que recollela na Oficiña de Correos.

BUZÓNS MAL COLOCADOS. 7 (Capítulo VI)

CAPÍTULO SEXTO.- AY, QUE NO TRIUNFO FINAL NON APARECE NOMEADO O PATRIARCA!!!

No escrito de contestación non nos dín nada de que o Sr. Vázquez Picado tivera intercedido a favor do problema do compañeiro: é máis; no estracto do informe que emiten os Servizos Centrais de Correos sobre o tema, a requerimento do Sr. Subdirector xeral de Regulación dos Servizos Postais, maniféstaselle a este Señor Subdirector que como os veciños de Arteixo 14 negábanse a correxir a instalación dos buzóns porque levaban servíndose de-les así 50 anos, eles optaron por lles continuar prestando o servizo; e só agora, en ese momento lle piden ó Organo Regulador que se pronuncie sobre a actitude que debe mantér Correos.

Aquí tampouco se nombra para nada ó Sr. Vazquez Picado.

BUZÓNS MAL COLOCADOS. 8 (Epíllogo)

EPÍLOGO

Está claro que cando os problemas os está a sufrir un empregado base, as molestias e esforzos que se toman as xefaturas responsábeis teñen un límite bastante baixo que non acada siquera a solicitar de “motu propio” un pronunciamento ó Órgano Regulador.

Perdónennos, pero si o compañeiro afectado e si a CGT non tiveran actuado e insistido e levado a cabo a iniciativa , o problema seguiría estando ahí para o compañeiro actual e os que viñeran despóis .

As costas dos carteiros parecen só importar si causan baixa médica que aumente o absentismo e cree un problema organizativo na cartería.

É o teu xefe un compañeiro máis?

Temos tódala documentación escrita, na que se acredita que o Sr. Vázquez Picado non foi o autor da solución ó problema da Avda. Arteixo 14 á disposición de quen a queira ver.

FIN

A NOSA DIGNIDADE NO REPARTO EN PELIGRO

FACEMOS UN CHAMAMENTO A TOD@S @S COMPAÑEIR@S DE REPARTO SI TEÑEN ALGÚN CASO PARECIDO A ESTA FALTA DE DECENCIA Y DE HUMANIDADE CARA CONNOSCO POR PARTE DALGUNS VECIÑOS INTRANSIXENTES CONTANDO CON O SILENCIO CÓMPLICE DA NOSA MISMISIMA EMPRESA.

FACEMOS UN CHAMAMENTO PARA QUE NON VOS CORTEDES E NOS DENUNCIEDES CASO COMO ESTE.

NON PASEMOS POR MENOS!!

mércores, 11 de xuño de 2008

PERSONAJES INVITADOS: DON ANTONIO

O pasado mercores, dia 11 de xuño ás 11:30 h ó agotárselle o toner á fotocopiadora que temos asignada, diriximonos a un xefe responsable da mesma SR. Antonio ;decíndolle que tiñan que suplir toner da fotocopiadora de xeito inmediato , pois o anterior se habia esgotado.
O Sr. Antonio contéstanos diante do persoal da sua área de traballo, a quenes tendremos en conta como testigos, con a seguinte frase:

“LO QUE QUIERAS DE MÍ ME LA TRAE FLOJA”.

Curiosamente a historia se repite: en cuestión de 24 horas, nuestra fotocopiadora pasa de estar bén de tinta a estar esgotada sen posiblidade de reposto.

QUÉ PASA? ES QUE ALGÚN SINDICATO PRIVILEXIADO VAI POLAS TARDES A FACER MOGOLLÓN DE FOTOCOPIAS, PARA DESPÓIS BOTARLLE AS CULPAS OS DEMÁIS?

PORQUÉ OS PROTEXE A DIRECCIÓN???

Voceiro da CGT Correos A Coruña

Voceiro da CGT Correos A Coruña
Buzón rebelde