mércores, 12 de agosto de 2015
xoves, 23 de xullo de 2015
CUADRUPLICADOS VERGOÑENTAMENTE OS BENEFICIOS DE CORREOS A COSTA DO NOSO SACRIFICO E DAS VULNERACIÓNS NO SERVIZO POSTAL PÚBLICO
A dirección de Correos acaba de publicar o seu informe anual sobre os resultados da nosa Sociedade Estatal no ano 2014. Deste informe débense destacar dous datos fundamentais:
A primeira conclusión que podemos sacar destes datos é que hai diñeiro. Con máis de 193 millóns de euros hai diñeiro de sobra para subir as nosas retribucións, que levan cinco anos conxeladas. Con eses cartos poderíanse facer máis de 9.500 contratos de traballo novos de duración anual . Por tanto, mente a xefatura cando nos di que hai que dobrar, rotar ou facer colindancias a diario porque non hai diñeiro para contratación, tamén mente e fai un fraude á cidadanía cando deixa sección sen repartir por a falta de contratación. A dirección elixe destinalr eses cartos a beneficios en lugar de destinalo a dar á cidadanía o servizo público de calidade que merece e en lugar de manter o persoal adecuado e ben retribuida para que sexa posible dar ese servizo de calidade.
A segunda conclusión é que seguirá habendo diñeiro no futuro, pois o Estado debe compensar aínda a Correos pola prestación do SPU con 518 millóns até 2013, máis os millóns correspondentes aos anos 2014 e 2015. Por tanto, é moi razoable que pidamos aumentos retributivos considerables na negociación do futuro Convenio Colectivo.
A terceira conclusión é que en 2014 houbo unha diminución de persoal de 1.989 persoas, non porque non fosen necesarias, senón porque a dirección entrou nunha dinámica de redución de persoal a petición do SEPI, pois se alude abertamente aos compromisos con SEPI nesta materia.
As direccións de Correos e do SEPI priorizan os beneficios empresariais, para o goce duns poucos ou para propor a rendibilidade dunha futura privatización de Correos. Aos Sindicatos de clase e aos traballadores tócanos loitar para que calquera beneficio repercuta nun mellor servizo e unhas mellores condicións de traballo.
NA CGT ESTAMOS NISO
venres, 26 de xuño de 2015
UN GRUPO DE TRABALLADORES DE DIFERENTES LOITAS POSTAIS E DELEGAD@S DA CGT DIRÍXENSE A BRUXELAS PARA TRASLADAR AOS EUROGRUPOS DE PODEMOS E AGE OS RECORTES E PARA DESEÑAR UN SERVIZO POSTAL PÚBLICO E DE CALIDADE PARA O FUTURO
A CGT da Coruña, dentro de un grupo de compañeirxs de todo o estado, desplazouse onte e hoxe a Bruselas convidadxs polo eurogrupo de Podemos para tratar a problemática Postal. Tamén poidemos ter unha xuntanza con Lidia Senra da Comisión de desenvolvimento Rural. Aportamos como mostra dos reiterados incumprimentos de servizo os xa máis de 600 partes de incidencia de reparto que levamos recollidos nun programa piloto da zona centro da Coruña e que demostran que Correos incumple a lei.
Dentro das xuntanzas co eurogrupo de Podemos tentamos avanzar nun acordo que permita no futuro repensar e imaxinar un novo xeito de entender os servizos públicos. Especialmente tratamos os temas do mantemento do servizo postal diario, da posibilidade de recuperar a banca pública por medio do persoal de Correos e de deter a máis que probable privatización do servizo postal.Todos estes temas dependen directamente de normativas que emerxen da UE i é aquí onde temos que intervir para que sexan modificadas. Entedendemos que estas xuntanzas foron un paso importante e saímos satisfeitos do compromiso de este grupo na defensa, mantemento e mellora no futuro do servizo postal público.
Por outra banda tivemos unha xuntanza para tratar da problemática do Correo en Galiza, especialmente no que abrangue ao correo no rural, coa Eurodiputada Lidia Senra de AGEe. Tentamos achegarlle o perigo da perda do reparto domiciliario no rural e trasladamos propostas de novas actividades para este persoal público que fortalezan os dereitos e os servizos das persoas que viven fora das cidades
![]() |
| Acto " Correos en Loita" aberto no europarlamento |
![]() |
| Lidia Senra |
![]() |
| Chegada do grupo Postal |
![]() |
| Europarlamentarios Miguel Urban e Tania González na xuntanza de traballo |
![]() |
| Manifestándonos na porta un día de Plenario |
![]() |
| Rolda de Prensa conxunta |
![]() |
| Estudando a temática do reparto Rural con Lidia Senra e compañeiros Rurais de Nafarroa |
![]() |
| Xuntanza de traballo co eurogrupo de Podemos |
![]() |
| Xuntanza de traballo |
![]() |
| Na rolda de prensa, cos 600 partes de pendentes da Coruña |
mércores, 17 de xuño de 2015
venres, 12 de xuño de 2015
AXUDAS DE ACCIÓN SOCIAL PARA O 2015
PREME NESTA LIGAZÓN PARA VER AS NORMAS E OS MODELOS PARA SOLICITALAS
luns, 18 de maio de 2015
Reaxuste local (I), Cambio de Quenda na propia unidade
Lembrade que nestes dias temos en marcha un reaxuste local. A primeira das partes (na que estamos estes días ate o 22 de Maio) supón que podedes cambiar DE QUENDA DENTRO DAS PROPIAS UNIDADES (nas que haxa prazas ofertadas). Para saber estas unidades, por favor, contactade con nos no 609381811
Lembrade que dentro duns días abrirase o proceso para cambiar DE CENTRO NA PROPIA localidade. Sempre dentro da propia categoría funcional reparto a pé a reparto a pé, por exemplo.
Como sempre se tedes dúbidas, na CGT estamos á vosa disposición.
venres, 8 de maio de 2015
XA VAN 7 CONCENTRACIÓNS
DIANTE DA DIRECCIÓN DE ZONA DE COMPOSTELA PARA RECLAMAR MÁIS CONTRATACIÓN E O CUMPRIMENTO DO REPARTO DIARIO DA CORRESPONDENCIA
O que comezou o pasado día 25 de Abril, como un acto na rúa de reparto de información sobre a intención de Correos de recortar aínda máis nas carterías de Compostela, xa leva unha semana de concentracións diarias (de 09 a 09:15) diante da porta da Dirección de Zona. Estas concentracións foron decididias en asemblea aberta polo persoal do centro.
A CGT, como non pode ser de outra maneira, está a carón de todas estas concentracións e apoiando e respaldando as reivindicacións do persoal.
Nos próximos días agardamos novas medidas que inclúan tamén as reivindicacacións do persoal do CTA de Labacolla e da unidade de reparto de Costa Vella!

HOXE, 8 DE MAIO, CANTAMOS ESTAS PEZAS REIVINDICATIVAS ACOMPAÑAD@S DE GAITA E PANDEIRETA!
mércores, 29 de abril de 2015
Na CGT respectamos todas as loitas, pero nen nos convidaron, nen entendemos os obxectivos (que significa "mejoras" ??), nen cremos en loitas creadas de arriba cara abaixo....
Aínda así se a situación se mantén e a folga se volve auténtica, con obxectivos claros, honestos e transparentes, ou ante unha agresión por parte de Correos aos/ás folguistas sexan das siglas que sexan a CGT estará onde ten que estar: a carón dos compañeiros e compañeiras!!
Aínda así se a situación se mantén e a folga se volve auténtica, con obxectivos claros, honestos e transparentes, ou ante unha agresión por parte de Correos aos/ás folguistas sexan das siglas que sexan a CGT estará onde ten que estar: a carón dos compañeiros e compañeiras!!

luns, 30 de marzo de 2015
Xa temos a imaxe oficial do novo carro de reparto.
Veñen de ser licitados 7500 carros para todo o estado. 60 deles para a provincia da Coruña.
Como dixo unha compañeira: " fai falta ter 20 anos e ir ao ximnasio"
Desde o noso sindicato confirmamos que Correos SAE segue a insistir no camiño erróneo no que refire ao tratamento da paquetería e dos envíos voluminsos. Cremos que o camiño non é amapliar a capacidade do carriño e sobrecargar aínda máis ao reparto a pe. A CGT aposta por unha USE reforzada que dea a calidade de servizo que a sociedade demanda a Correos.
Por iso a CGT na provincia da Coruña e no resto do Estado demandou por escrito i en diferentes ocasións:
- Retirada das instruccións de seguridade no reparto imposibles de cumprir.(petición que acompañamos por máis de 420 sinaturas de compañeir@s da provincia, sen resposta algunha)
- Reforzo das USES e recuperación da paquetería cedida a Correos Express
- Aplicación rigurosa do criterio volumétrico en reparto.
- Avaliación de riscos laborais persoalizada, tal e como marca a lei antes de usar este novo modelo.
luns, 23 de marzo de 2015
Volvimos ás marchas da dignidade a reclamar un servizo postal público, universal, de calidade e unhas condicións de traballo dignas
https://www.facebook.com/video.php?v=387763451396694&fref=nf
https://www.facebook.com/video.php?v=387763451396694&fref=nf
![]() |
| Marea postal ao pasar pola casa de Correos |
![]() |
| A pancarta da coruña cao casa de Correos ao fondo! |
![]() |
| Na columna norte de Chamartín a Colón. |
![]() |
| Cabeceira da marea postal |
sábado, 14 de marzo de 2015
luns, 2 de marzo de 2015
ELEVAMOS AS DENUNCIAS DE INCUMPRIMENTO DO SERVIZO POSTAL UNIVERSAL AO VALEDOR DO POBO E Á COMISIÓN EUROPEA!
Seguimos coa nosa denuncia constante do incumprimento do Servizo Postal Universal.
Nos últimos días vimos como o ministerio de Fomento mira para outro lado e como a CNMC non quixo entrar no fondo da nosa denuncia (a pesar de estar o incumprimento más que acreditado...)
Co gallo do noso Pleno Estatl que eclebramos en Compostela, fixemos a denuncia ao Valedor do Pobo e nos próximos días dirixirémonos tamén á Comisión Europea. Se é necesario estudaremos a posibilidade de poñer unha denuncia na fiscalía xeral do estado á própia CNMC por prevariación e deixación de funcións. Non podemos permitir que se incumpla unha lei dunha maneira tan flagrante e ninguén faga nada!
Na foto podedes ver a Joan, Andrea, Ascen e Diego.
Aquí podedes ver o texto da denuncia:
sábado, 20 de decembro de 2014
venres, 19 de setembro de 2014
2ª REUNIÓN OFICIAL DA COMISIÓN NEGOCIADORA DO IV CÓNVENIO
COLECTIVO E DO ACORDO XERAL.

O 18 de Setembro os sindicatos maioritarios reunímonos coa empresa para negociar o novo convenio e o acordo xeral.
Despois de 7 meses desde a última reunión, a do 26 de
Febreiro, CGT presentou demanda ante a Audiencia Nacional por DEMANDA
DE TUTELA DE DEREITOS FUNDAMENTAIS E LIBERDADES PÚBLICAS, xa que
dirixentes da CSIF recoñeceran en prensa que se estaban reunindo coa empresa, é
dicir: reunións á marxe das canles legais e sen a nosa presenza. Parece que esta denuncia deu os seus froitos,
xa que Correos tivo presa en desbloquear
a negociación 5 días antes da celebración do xuízo que está previsto para o día
23 deste mes.
A xustificación que deu a empresa por demorarse tanto en
convocar esta reunión, foi por mor das trabas administrativas inherentes á
condición xurídica de Correos S.A.E., que está supeditada á SEPI e á Comisión
de Seguimento da negociación colectiva das empresas públicas dependente da
Comisión Delegada do Goberno para Asuntos Económicos, do que deducimos que a
directiva tenta vendernos a moto de que Correos non pinta nada neste tema, que
é simbólica e por tanto irresponsable, e que este será o seu cabalo de batalla
nesta negociación.
En todo caso amparándose na política do goberno PP, a
dirección de Correos presentou un plan de guerra contra os e as traballadoras
desta casa. Anunciou que non pode haber aumento na masa salarial, que o salario
debe quedar suxeito a criterios de produtividade e, algo gravísimo que nos
deixaría indefensos, o anuncio de que se
queren cargar a ultraactividade do noso convenio aplicando a última reforma
laboral.
O único compromiso de Correos que saíu da reunión, foi o
de elaborar un calendario da negociación.
CGT presentou as propostas que figuran na nosa plataforma
reivindicativa, que se fixo extensiva a todo o colectivo de Correos, e que está
publicada na nosa web e en facebook, das que podemos destacar algunha moi
brevemente:
-Consulta ao colectivo, a través dun referendo, antes da
firma de ningún acordo.
-Adscrición ao posto, localidade, unidade e quenda.
-Concurso de traslados e reaxustes locais con asignación
de todas as vacantes.
-Conversión dos contratos a tempo parcial e fixos
descontinuos, en indefinidos a tempo completo por estrita antigüidade.
-Bolsas de emprego con actualización pública anual e
controladas por Comisións Provinciais de Contratación.
-Subidas salariais lineais até recuperar o poder
adquisitivo perdido.
-Mantemento da ultraactividad no novo convenio
As outras OOSS ameazaron con mobilizacións se non se chegaba a algún acordo antes de fin de ano
e CCOO recriminounos nun comunicado posterior que na reunión non dixésemos nada
das devanditas mobilizacións. CGT é plenamente consciente da necesidade de
mobilizacións para frear a goberno e empresa, pero non se deben preocupar xa
que CGT está a mobilizarse todo o ano
nas diferentes provincias do estado.
Coa excepción de que en CGT as decisións as toman democráticamente as persoas nas asembleas
das diferentes provincias. Non somos unha organización na que os
"Popes" deciden por todxs sen consultar nin á afiliación nin ao
colectivo, e por tanto, CGT non se situará neste aspecto ata que a nosa
afiliación o decida.
Sabiamos que a paz social e desmobilización permanente
dos sindicatos asinantes do III Convenio só serviu para envalentonar á empresa
e abocarnos a esta situación que agora, ás portas dun ano de eleccións
sindicais, o 2015, eles mesmos tachan de inaceptable.
Alegrámonos de que por fin outras organizacións sindicais
se sumen á loita polos dereitos dxs traballadorxs.
O que CGT ten claro, é que se unirá á loita de todas as
organizacións sindicais que conten con todo o colectivo antes de chegar a
acordos cruciais apoiando o compromiso dea idea de
CONVOCAR UN REFERENDUM ANTES DE ASINAR O CONVENIO.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Voceiro da CGT Correos A Coruña
Buzón rebelde






























