Boiro non é que quede perto. Tivemos que madrugar para ir aló, hora e media de viaxe erguéndonos as cinco e media da mañá... mais chegamos a Boiro, buscamos a oficiña, aparcamos... e a primeira sonrisa do día... o cruzarnos con o coche oficial da empresa con zipi e zape que tamén buscaban onde aparcar...
Os madrugóns para visitar oficiñas teñen o seu premio, o ver os compañeiros e visitalos. Son palabras maiores que non somos quén de describir, somentes o sabemos nós e a xente sensible que nos comprenderá. A nós dende logo enorgullécenos e engrandécenos a alma estar con eles, con todos, tanto no currelo diario traballando nas propias bases como actuando como os seus representantes.
Por iso estamos eiquí!!
Por eso somos os seus representantes!!
Por iso facemos sindicalismo e exercemos de sindicalistas!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario