xoves, 29 de xaneiro de 2009

MOVIDA EN BOIRO - 1 ( NON É A PRIMEIRA VEZ!!)



De certo non fora a primeira vez, de certo cada quén de nós por separado estamos máis que fartos de saber das inxustizas que na oficiña de Boiro crearon eles.

Mais hoxe, agora, sí que é a primeira vez que imos todos xuntos na más forte unidade arredor da Xunta de Persoal e Comité de Empresa. Dispostos a mandar parar dunha vez por todas as inxustizas da oficiña de Boiro.

Temos que decir, que absolutamente tódolos compañeiros e compañeiras secundaron a concentración (agás zipi e zape, que esta vez se quedaron sen ir tomar café, porque DESTA non houbo naide que os invitara).

TODAS E TODOS con unha enorme dignidade estiveron en primeira liña , sostendo a pancarta e detrás dela.

Dende eiquí somentes decir que esa postura fáinos creer de firme na palabra SOLIDARIEDADE, COLECTIVO e UNIDADE.

e SOBRETODO nunha palabra resultante, o que a dirección teme: A FORZA.

VAI POR TODOS VÓS, QUERIDAS E QUERIDOS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS DE BOIRO!!!!!

FUCHEDES UN EXEMPLO E SODES UNHA HONRA PARA TODOS NÓS!!

MOVIDA EN BOIRO - 2 ( ACOSO LABORAL NUNCA MÁIS!!)



Entre todos podemos. Que non creza entre nós esa lacra, nin a permitamos .

MOVIDA EN BOIRO - 3 ( PEDIMOS CESES!!)



CON HONESTIDADE E RESPETO SOLICITAMOS A QUEN CORRESPONDA -XA O FIXEMOS OUTRAS VECES, PERO NON NOS CANSAMOS EN INSISTIR- A APERTURA DE EXPEDENTE INFORMATIVO QUE CONLEVE O CESE DO DIRECTOR DA OFICIÑA E DO XEFE DE CARTERIA DE BOIRO.

(SI É QUE NESTE MUNDO HAI XUSTIZA).

MOVIDA EN BOIRO - 4 (Contratación xusta?)



FÁNSE NA OFICIÑA DE BOIRO CONTRATACIÓNS XUSTAS E HONESTAS? TÓCALLE SEMPRE A PERSOA INDICADA NA BOLSA?
Porqué ZIPI E ZAPE non investigan esto en vez de andar a investigar o que facemos nós?

MOVIDA EN BOIRO - 5 (de cobardes )



Perante anos tivemos que aturar contos das nosas compañeiras que tiveron que aturar gritos , despropósitos e agresións verbais as veces só por omitir nun acuse de recibo unha data.

Ou poñerse de parte dun usuario (as veces violento) diante de outra xente na propia ventanilla de atención o público cando éste atacara a unha compañeira (chamada ésta ex-profeso alí polo seu xefe para que atendera a ese usuario).

UFF, son-vos moitas cousas!!

MOVIDA EN BOIRO - 6 ( A NOSA HOMENAXE Ó SEBAS)



Nós non o esquecemos.
E os demáis compañeiros da oficiña de Boiro tampouco.
Nin a él
Nin o que lle fixeron.

Agora está en outro destiño.
Pedira o traslado por razones propias alleas o que lle pasara.
Pero todavía hai alguén quen se regodea decindo que o botaran, que se fora po-lo que lle montaran.

Nós temos unha obliga con él. Nós e todos os que foran os seus compañeiros.

Pois resulta que Sebas repartía a zona de Abanqueiro, que daquela (como en tantas aldeias galegas, o clásico buzón escaseaba nas portas, e as cartas viñan -e veñen- sen señas claras, iso sabémolo todos aínda hoxe!!) andaban acostumbrados o seu carteiro de sempre ate a sua xubilación... i entón veu o que véu...

E o que lle pasóu é facil de intuir: pasóunos a todos. Enfrontarse nunhas aldeias con cartas sen enderezo, acostumbrados o seu carteiro rural de anos e anos!! e tí de novo atópaste con todo ese desaguisado, e con un horario de currelo!! o que non podes é pasarte horas e horas indagando enderezos e preguntando... non che pagan máis polo teu horario establecido; o xusto por reparti-la tua zona.

Pois Sebas exercéu a sua propia dignidade e fíxose valer, cousa que moitos carteiros non o fán.

O resultado: pois que fora denunciado por unha Asociación de Veciños do lugar de EGIPTO (Abanqueiro) a ..... a propia GUARDIA CIVIL!!!!!!!!!

E a cousa tivera moita publicidade... na prensa... carteiro denunciado a la guardia civil....

Nós non sabemos quen ou quenes foron os inductores desta movida, aunque intuimos que A COUSA NACÉU NA PROPIA OFICIÑA DE BOIRO.

Estivemos agardando estes anos a que a Guardia Civil resolutara esa denuncia, pero o parecer do seu silencio, seica a arquivóu.

Pensamos que xá é o intre de decirlle ó mundo, e sobretodo a Abanqueiro a quén tiveron de carteiro... e desenmascarar os cobardes que instigaron contra él.

É unha labor de todos, de nós e dos seus compañeiros.

Cara alguén como Sebas, que tiña colocado na carteria de Boiro un mapa de Abanqueiro , do seu percorrido, detallado con agarimo.

VAI POR TÍ, COMPAÑEIRO SEBAS!!!

MOVIDA EN BOIRO - 7 (o conto da porta)





Había unha porta que comunicaba cartería con atención o público que sempre permanecía aberta por decisión do xefe, e claro, o contacto visual dos usuarios cos carteiros era notorio...
Pois había veces en que algún clientillo increpaba dende o mostrador a algún compañeiro carteiro co beneplácito do xefe.

A porta pechárase grazas a nosa denuncia.

MOVIDA EN BOIRO - 8 (Máis Anécdotas Boirenses)



Cando as traballadoras que, cando querían ir o servizo seu e pechar por dentro, tiñan que desconectar o enchufe da mataselladora (porque o enchufe estaba dentro do seu lavabo).

Ou cando aquél carteiro que chegara as 13:30 de repartir atopando a oficiña pechada e o seu compañeiro tomando o viño no bar de enfrente co marido da xefa, y esta facendo a comida na sua casa... a cousa trouxera transcendencia, pero para o carteiro, que lle abriran expedente por falta grave ó denunciar este feito.

MOVIDA EN BOIRO - 9 ( agresións? que é iso?)



Pero que é unha agresión??
Zoscarlle a alguén??
ou tal vez
tér unha conducta agresiva
ou actuar como un terrorista...

Pode considerarse unha agresión
dar dous puñetazos nunha mesa con toda a forza do mundo
diante do colectivo??
Pois si señor. ISO SÍ QUE É UNHA AGRESIÓN, E PUNIBLE POR LEI.
Por parte dun dos Xefes de Boiro
E diante dos seus subordinados..
que por unha moi comprensible prudencia
por medo a que lles pasara algo
non denunciaran...

Claro que o acoso é moi dificil denuncia-lo.
Quén lle pon os axoúnxeres o gato????????

MOVIDA EN BOIRO - 10 ( O ACOSO LABORAL : QUE ASCO!!)



Non hai nome para defini-lo. É algo que dín que é moi difícil demostrar e teñen razón. Hai casos e casos na nosa provincia, algún deles de xulgado de garda (sucursal 4 de A Coruña) , e aún teñen bemoles para decir que aquelo non é un acoso. Sen máis, friamente: que o acoso non existe... que son eles os acosados por nós, os representantes dos traballadores.

Como en Boiro, que ano tras ano estiveron y están aturando machadas e prepotencias e aguantando mecha!!

MOVIDA EN BOIRO - 10 ( AS VECES É IMPORTANTE RECORDAR QUENES SOMOS!)



Boiro non é que quede perto. Tivemos que madrugar para ir aló, hora e media de viaxe erguéndonos as cinco e media da mañá... mais chegamos a Boiro, buscamos a oficiña, aparcamos... e a primeira sonrisa do día... o cruzarnos con o coche oficial da empresa con zipi e zape que tamén buscaban onde aparcar...

Os madrugóns para visitar oficiñas teñen o seu premio, o ver os compañeiros e visitalos. Son palabras maiores que non somos quén de describir, somentes o sabemos nós e a xente sensible que nos comprenderá. A nós dende logo enorgullécenos e engrandécenos a alma estar con eles, con todos, tanto no currelo diario traballando nas propias bases como actuando como os seus representantes.
Por iso estamos eiquí!!
Por eso somos os seus representantes!!
Por iso facemos sindicalismo e exercemos de sindicalistas!!

MOVIDA EN BOIRO - 11 ( E CORREOS PASANDO DE TODO!!)



Os últimos estudos de dimesionamento da unidade de reparto de Boiro datan do ano 2001, momento no que deixaron a cartería con 5 carteiros urbáns e 6 rurais para atender un censo de poboación de 17.748 habitantes, (máis de 1.600 hb. por carteiro).

SEÑORES DE CORREOS: QUE BOIRO XÁ NON É UNHA VILA SENÓN CASI UNHA CIDADE!! E VOSTEDES NIN SE ENTERAN!!.
IGUAL PASA CON NARÓN, CARBALLO, CEE, E TANTAS OUTRAS...
Pero, ai amigo!!, non hai problema, mandan onde hai problemas a xentes como a zipi e zape a que fagan contas ... e todo vai cadrar!! QUE COÑO, QUEN DIXO MEDO!! DONDE ESTÁ O PROBLEMA!!

MOVIDA EN BOIRO - 12 (un pouco de historia)



Según a nosa valoración, xa daquela, se adicóu unha plantilla de carteiros insuficiente para Boiro, pois a proporción de empregados por hb. non é exacta, xá que as áreas urbáns están moito máis poboadas, mentras ós rurais hai que considerarlles tempo de traballo os desplazamentos para atender menos povoación, pero diseminada en, dende 60 km.-Boiro-Cespón-; ata 30 km, -Boiro Abanqueiro- ou Escarabote, que, son zonas para as que solicitamos se aporte máis plantilla por parte de Correos, porque tamén medraron en povoación e en servizos, e requiren de Correos e dos carteiros máis calidade. A povoación de Boiro a 1.1.2008, situábase en 18.730 hb. crecemento que ven a agudizar o problema de insuficiencia de plantilla na cartería. A zona urbana tamén se ve desbordada en agunha das súas áreas.

MOVIDA EN BOIRO - 13 (A TRAMPA OU A TRAMA?)




O problema de insuficiencia de plantilla é unha constante nas unidades de reparto da provincia, así como o é que os xefes de esas unidades presionen ós compañeiros para que repartan volumes de correo imposibles; como a falla de persoal é tan patente, estas pretensións son irrealizables; pero moitísimas veces os xefes consiguen coas suas presións directas, que os carteiros entren antes da sua hora e salgan despóis de terminada a sua xornada legal, para así entregar máis correo.

Os que non están dispostos a incumplir o horario regalando tempo a Correos, son mal
vistos, e ás veces ata, perseguidos po-los seus xefes, que os acusan de falla de rendemento.

Na cartería de Boiro , coa plantilla actual, hai zonas nas que se reparte o correo en dias alternos e/ou, en tres e catro dias, según os volumes de correspondência que vaian entrando.

MOVIDA EN BOIRO - 14 (KAFKA TERÍA UN SITIO EN CORREOS DE BOIRO??)



O que parece mentira é que a nosa empresa conta cós mellores profesionais i coa infraestructura de médios máis axeitada para dar servizo coa calidade que os cidadáns reclaman e merecen.
Parece entón moi kafkiano esta conducta da Dirección de Correos de abortar algo tan sagrado como o servizo público en aras de reducir costes para un nosequé de liberalización del sector.
Só buscamos que as plantillas se adapten ás necesidades e que os nosos compañeiros podan repartir con dignidade e coa frecuencia de 5 días a semán que marca a Lei.

MOVIDA EN BOIRO - 15 (Comunicado final)



Absolutamente tódolos traballadores da Oficina de Correos de BOIRO secundaron no derradeiro luns, dia 26 de Xaneiro o chamamento da Xunta de Persoal e o Comité de Empresa , concentrándose diante da mesma xunto con os seus representantes membros dos referidos Comités de Representación , na hora prefixada e xusto despois dunha asembleia que os membros dos Comités impartiran neste mesmo centro.

Coa clara reinvindicación dun Correos público e de calidade, pedíuse tamén o cese de toda postura arbitraria e irrespetuosa dos mandos desta oficina, que alteraron nos derradeiros anos o clima laboral , creando unhas tensións laborais máis propias doutras épocas.

Correos , lonxe de comprender e buscar unha solución para a problemática boirense, só aportóu a presencia de dous inspectores, os cales veñen facendo un seguimento a estes tipo de actos dos comités coruñeses, sin tomar ningunha outra medida cara á mellora do servizo postal.

Xa por último, os comités de representación provinciais queren deixar claro que a apertura destas frontes de loita en NARON, CARBALLO E BOIRO, terán unha continuidade e un seguimento que só finalizará cando se satisfagan as necesidades reinvindicativas que deron lugar a estos actos.

Xunta de Persoal
Comité de Empresa
A Córuña

MOVIDA EN BOIRO - 16 (DESPOIS DISTO, APRENDERÍAN ALGO OS XEFES DE BOIRO??)



Agardamos que sí, que escocéulles un pouco que -como eles adoitan decir- sacáramos de contexto os problemas internos .

Agardamos outra conducta cara os compañeiros e cara as suas propias obligacións que como responsables teñen que asumir.

Nós andaremos detrás.

MOVIDA EN BOIRO - 17 (E A LUITA CONTINUARÁ...!)




Ate eiquí esta terceira movida, esta vez lonxe dos poderes decisorios, na república esquecida (e bananeira?) de Boiro.
Só decirvos que esta movida solo foi iso, unha movida sinxela; porque a campaña seguirá ate satisfacer as demandas presentadas.

mércores, 28 de xaneiro de 2009

CAMPAÑA POR CARBALLO. 1 ( O PRINCIPIO)



A Xunta de Persoal e o Comité de Empresa de Correos da Coruña , formada entre outros pola CGT, e dentro das nosas medidas de presión para que Correos cumpla na provincia da Coruña coas obrigas estipuladas na Lei Postal –entrega diaria en cada domicilio, do correo , a lo menos 5 días á semán-, vimos de realizar en Carballo unha etapa da nosa campaña pola dignificación da oficiña que pasa en principio porque a dirección coruñesa recoñeza o escandaloso volumen de pendentes, curiosamente non dados oficialmente por quen tiña a obligación de face-lo.

A continuación ímosvos amosar as fotos e a película ben contada dos feitos.

CAMPAÑA POR CARBALLO. 2 (PORQUÉ OCURRE O QUE OCURRE??)



Os últimos estudos de dimesionamento da unidade de reparto de Carballo, foron realizados en outubro do ano 2001; dando como resultado unha adxudicación de plantilla de carteiros de 7 urbanos e 9 rurais. Por suposto, desde o 2001 ate hoxe chovéu moito, mais algúns seica nin se enteraron.

Queredes saber o porqué?

CAMPAÑA POR CARBALLO- 3 (QUEREDES SABER PORQUÉ A CARBALLO NON SE LLE TRATA CON DIGNIDADE?? )




Posiblemente a Oficiña de Carballo sexa unha das esquecidas a nivel provincial.
Indagemos porqué?
-Será porque queda moi lonxe da capital?....
-Pois no!.
-Será por aforrar?. Si pero non, porque ténse visto nas carterias coruñesas a dous contratados por un mesmo barrio.
-E logo ???
-Creemos que hai dous factores que anima os xerarcas da Coruña a non tratar a Carballo coa dignidade que requere...
-Cáles són???
-Pois primeiro un Xefe de Disribución que non dá ben as pendentes, e pola contra presiona os seus subordinados para que saquen todo... senón pode cursar expedente, como recentemente ocurréu.
(Que quede como unha patena , como se lle ocurréu decir a un colega seu de Sada)
-E segundo, que parte do colectivo fai horas gratis.
-E así, Carballo non ofrece problemas á Dirección de Correos , dando a imaxe dunha povoación en contínuo crecimento , pero agás de circunstancias especiais, en Correos non hai demasiado acumule a ollos vista. Esa falsa imaxe é a que lle queda oficialmente a Coruña.
NON OUTRA!!

CAMPAÑA POR CARBALLO. 4 (O XEFE DE DISTRIBUCIÓN DE CARBALLO)



Pois en Carballo temos un Xefe de Distribución todo planchón i elegante , con a sua corbata roxa.
Tén , coma todos os novos xefes, un problema engadido: que non dá ben os pendientes.
E penso que andará medio cabreado porque EN REALIDADE as pendentes non as dá, efectivamente, él.

PORQUE AS DAMOS NÓS!!

Así, a Xefa de Loxística andará tamén cabreada porque cada semán, a CGT achégalle por escrito as pendentes de CARBALLO.

Que por certo, cóntanse por miles!!!

CAMPAÑA POR CARBALLO. 5 ( ZIPI Y ZAPE)



Non no creeredes, pero alí estaban!!!

Chegaron cando nós, que fumos os primeiros; e según entramos na cartería, eles empezaron a dar voltas e voltas por cada curruncho da mesma, mirando papeles na parede, ... en fin, matando o rato ate que acabara a nosa asembleia e posterior concentración.

Porque outra orden de arriba non tiñan, máis que vixiarnos!!
E cobrando dietas por elo,e inda por riba, coche oficial, manda carallo!!

Chegaron os demáis membros dos Comités, e todos aprendimos un pouco a gardarnos no peto a provocación que supón ver a eses dous de sempre por alí, metidos entre o colectivo de Carballo e os seus representantes.

Mais esta vez non nos cortaron a asamblea , como cando exercían en reparto ou en Arteixo.

CAMPAÑA POR CARBALLO. 6 (PALABRA COLECTIVO)



MAIS ELES SÁBENO BEN!!
Nada se pode facer cando un colectivo está unido e sabe o que quere!!
Acó, na nosa provincia estivemos bastante tempo aletargados. Non en ván, na Galiza extirpáronnos nos anos escuros o sentimento colectivista, impoñéndonos subliminal e sutilmente o culto a persoa, o egoismo.
E todavia seguimos así.
-"A mín que me arreglen o barrio, que o demáis non me importa!"

Mais as cousas están tornando a cambiar de estado.
E paseniñamente os nosos traballadores postais están dandose conta que así de egoistas nada van conseguir.

Que a única maneira de conquerir as cousas é loitando, e todos xuntos!!
E niso estamos, señores !!...

CAMPAÑA POR CARBALLO- 7 (CORREOS NON SE QUÉR ENTERAR DE QUE...)



Os últimos estudos de dimesionamento da unidade de reparto de Carballo, foron realizados en outubro do ano 2001; dando como resultado unha adxudicación de plantilla de carteiros de 7 urbanos e 9 rurais.

CAMPAÑA POR CARBALLO - 8 ( DUNHA VILA A UNHA CIDADE!!)




Dende o ano 2001 o censo de Carballo incrementóuse em 2500 veciños; acadando ahora o municipio os 31.000 habitantes; e sendo o medre urbanístico, según datos do Concello; de 3.382 novas vivendas dende o ano 2003 ata agora.

CAMPAÑA POR CARBALLO. 9 (DIGNIDADE)



E unha vez máis ,como xá pasara en Narón e pasará en Boiro, os compañeiros da oficiña, sentíndose respaldados polos seus representantes da xunta e do comité, e xusto despois dunha asembleia onde tomando a palabra CIG, entrando en materia con datos técnicos CGT e acabando UGT, saimos xuntos a unha rua mollada e fría para facermos valer diante do estado actual de correos en CARBALLO.

CAMPAÑA POR CARBALLO- 10 (O PLAN DA XEFATURA)



O problema de insuficiencia de plantilla é unha constante nas unidades de reparto da provincia, así como o é que os xefes de esas unidades presionen ós compañeiros para que repartan volumes de correo imposibles; como a falla de persoal é tan patente, estas pretensións son irrealizables; pero moitísimas veces os xefes consiguen coas suas presións directas, que os carteiros entren antes da sua hora e salgan despóis de terminada a sua xornada legal, para así entregar máis correo.

CAMPAÑA POR CARBALLO- 11 (NO FUTURO NON TEREMOS MÁIS DEFENSA QUE CUMPLIR O HORARIO!!)




En Carballo, como en tantos sitios, os que non están dispostos a incumplir o horario regalando tempo a Correos, son mal vistos, e ás veces ata, perseguidos po-los seus xefes, que lles abren expedentes sancionadores acusándoos de falla de rendemento.

CAMPAÑA POR CARBALLO- 12 (DIGA A VERDADE, HOME!!)



Digan a verdade, sen ocultar datos, sobretodo o hábil xefe de distribución.
Pois señores, vai ser que este caballero está collendo mais medo que os seus subordinados cando lles manda facer éste algo imposible...

Veña ho, dígao, que incluso nós lle lanzamos unha protección, home! diga por exemplo que na cartería de Carballo, coa plantilla actual, repártese o correo en dias alternos e/ou, en tres e catro dias, según os volumes de correspondência que vaian entrando; ademais, xenéranse uns volumes mínimos de pendentes diários de 5000 envíos.

CAMPAÑA POR CARBALLO - 13 (A PRENSA)



A cea está servida, señores xefes!!, os medios de comunicación fixéronse eco desta concentración, e os nosos representantes tiveron sendas entrevistas a pé de obra con os reporteiros.

Unha mensaxe final os señores xefes:
TOMEN BOA CONTA, PORQUE EN CARBALLO IMOS SEGUIR CO SEGUIMENTO.
E NON SE LLES OCURRA REPRESALIAR Á NOSA XENTE.
E MOITO MENOS NON DECIR A VERDADE EN CANTO A PENDENTES.
PORQUE . VOSTEDES SÁBENO BEN!!
VOLVEREMOS!!!
E NON PRECISAMENTE A TOMAR CAFÉ COS DOUS DE SEMPRE

luns, 26 de xaneiro de 2009

CRONICA URXENTE DA CONCENTRACIÓN EN BOIRO

Hoxe, dia 26 de Xaneiro, luns; TODOS @s compañeir@s de BOIRO fixeron un exercicio de liberdade reclamando DIANTE DA SUA OFICIÑA e na compaña dos seus representantes da Xunta de Persoal e o Comité de Empresa; dignidade para o seu traballo, profesionalidade e competencia para os seus xefes e o fin do acoso laboral, menosprecios e faltas de respeto ó que están sendo sometidos moitos del@s polos seus capitanes de sempre, o novo risueño e o vello langrán.

Curiosamente alí chegaron como caídos do ceo os nosos amigos Rinconete y Cortadillo (vamos!, familiarmente chamados por todos ZIPI Y ZAPE), que o igual que en Narón y en Carballo viñeron (cuan estela nosa que cuan cohete imos deixando según vamos...) a adornar a nosa presencia; enviados a cuerpo de rey ,con dietas e coche da empresa , polos seus próceres coruñeses para vixilar a contienda (e a nós tamén!) y en suma, o acto.

A CGT como membro da Xunta de Persoal vai unha valoración moi positiva tanto do acto, como da campaña levada a cabo en Boiro, que como as de Carballo e Narón, sentaron un precedente e que próximamente terá continuidade.

Tamén quere sair o paso de comentarios baratos que sabemos que fará a propia Xefatura, para comunicar que estas campañas nas tres oficiñas referidas son só o primeiro paso dun longo seguimento que só deixará de facerse cando se satisfagan as demandas esixidas.

Pronto colgaremos as fotos da protesta. ...
... e por certo...

... Agardamos tér saído guapos nas fotos que nos quitara a Policia Local!!

sábado, 24 de xaneiro de 2009

Seguimos movilizándonos!!. Este luns, 26 tócalle á Oficiña de Boiro!!!

A Xunta de Persoal e o Comité de Empresa de Correos da Coruña conformadas po-los sindicatos CGT (CONFEDERACIÓN XERAL DO TRABALLO); CIG, UGT, E SL (SINDICATO LIBRE); seguimos coas nosas medidas de presión para que Correos cumpla na provincia da Coruña coas obrigas estipuladas na Lei Postal –entrega diaria en cada domicilio, do correo , a lo menos 5 días á semán-.

Agora tócalle o turno á oficiña de Correos de BOIRO

Por tanto, na defensa de un Correo público e de calidade, e da dignidade no traballo, concentrarémonos diante da Oficina de Correos de Boiro o próximo día 26 de xaneiro de 2009 ás 9:15 horas da mañan, os compañeiros de Boiro e os delegados da Xunta de Persoal e do Comité de Empresa.

Unha pregunta nos corroe: Estarán alí agardando por nós "OS DOUS DE SEMPRE"??
(si estiveron en Narón e mais en Carballo -quetos como pasmarotes- porqué non van estar vixiándonos en Boiro??)

martes, 20 de xaneiro de 2009

GAZA. PRIMER DIA DE TREGUA.6



COMO SE HA PODIDO LLEGAR A ESTA INSOLIDARIDAD POR PARTE DEL LLAMADO MUNDO LIBRE??

GAZA. PRIMER DIA DE TREGUA.5

GAZA. PRIMER DIA DE TREGUA.4



En su intento con acabar con toda representación oficial de HAMAS y provocar su caída, los Sionistas borraron completamente los edificios oficiales. En la foto , uno de los que fuera más importantes del Gobierno.

GAZA. PRIMER DIA DE TREGUA.3



Los comerciantes de Gaza no tienen cristales para sus escaparates. En Gaza no queda ni un cristal entero.

GAZA. PRIMER DIA DE TREGUA.2



EL CENTRO DE GAZA

GAZA. PRIMER DIA DE TREGUA.1



COMPRANDO PAN

luns, 19 de xaneiro de 2009

UNA TREGUA A LA AMERICANA



ALTO EL FUEGO? TREGUA?

Si, necesitan tiempo para eliminar para siempre los túneles en la frontera egipcia, que sirvieron para transportar todo lo que es necesario para una Gaza bloqueada internacionalmente desde hace años.

Muy dificil lo tenían cuando necesitan tiempo para ello, y sobretodo asesoramiento americano... ellos, el llamado ejercito invencible y poderoso.

Si, necesitan tiempo para seguir jugando al aljedrez de su guerra.

DOCE REGLAS INFANIBLES PARA PUBLICAR EN LAS NOTICIAS DE ORIENTE MEDIO EN LOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

1. En Oriente Medio son siempre los Arabes los que atacan los primeros y siempre es Israel quien se defiende. Esta defensa se le llama “represalia”.

2. Ni los Arabes ni los Palestinos ni los Libaneses tienen el derecho de matar civiles. Se le llama a esto “terrorismo”

3. Israel tiene el derecho de matar civiles . A esto se le llama “legitima defensa”.
4. Cuando Israel mata civiles en masa, los poderes occientales demandan que actúe con más moderación. A esto se le llama “reacciones de la comunidad internacional”.

5. Ni los palestinos ni los Libaneses tienen el derecho de capturar soldados israelíes en el interior de instalaciones militares equipadas de centinelas y de puestos de combate. Es necesario llamar a esto “secuestro de personas sin defensa”

6. Israel tiene el derecho de secuestrar, no importa a qué hora y no importa donde, y a los palestinos y libaneses que quiera. La cifra actual está alrededor de dies mil, entre los cuales 300 son niños y mil son mujeres. No es necesario tener prueba de culpabilidad. Y Israel tiene el derecho de guardarn en detención indefinida a los prisioneros; los mismo si son personalidades democráticamente elegidas por los Palestinos. A esto de les llama : “Prisioneros terroristas”.

7. Cuando se menciona la palabra “Hezbollah”, es obligatorio adjuntar a la misma frase: “ sostenido y financiado por Siria e Iran”.

8. Cuando se menciona “Israel”, es categóricamente obligado de adjuntar: “sostenido y financiado por los Estados Unidos”. Esto podría dar la impresión de que el conflicto es desigual y que la existencia de Israel no corre ningun peligro.

9. En las informaciones concernientes a Israel, es necesario siempre evitar que aparezcan los comentarios siguientes: “Territorios ocupados”, “ Resolucion de la ONU”, Violaciones de los Derechos del Hombre” y “Convención de Ginebra”.

10. Los Palestinos, como los Libaneses, son siempre “ cobardes “, que se esconden en el medio de una población civil que no les quiere. Si ellos duermen en sus casas, con sus familias, esto tiene un nombre “cobardía”. Israel tiene el derecho de aniquilar , con bombas y misiles, las habitaciones donde ellos duermen. A esto se les llama: “poder disuasivo quirúrgico de alta precisión”.

11. Los Israelitas hablan mejor inglés, francés, español o portugués que los Árabes. Esto es porque ellos merecen de ser entrevistados más a menudo, y de tener más ocasiones que los árabes de explicar al gran público de las reglas que explicamos en estos diez puntos para la redacción de las noticias . Se llama a esto “neutralidad jornalística”.

12. Todas las personas que no están de acuerdo con las subsodichas reglas son, y es necesario que se sepa, “terroristas antisemitas altamente peligrosos”.

venres, 16 de xaneiro de 2009

CONVOCATORIA MANIFESTACIÓN SOLIDARIEDADE CON PALESTINA

EEUU ENTRARÁN OFICIALMENTE CON ISRAEL EN LA OCUPACIÓN DE GAZA

EEUU está dispuesto a ayudar a Israel a controlar el contrabando entre Egipto y Gaza a través de los túneles excavados en las inmediaciones de la ciudad de Rafah en virtud de un acuerdo entre las autoridades estadounidenses y las israelíes.

La idea que se está discutiendo supone que EEUU preste «apoyo técnico» a Israel para garantizar que Hamas no pueda introducir armas de contrabando a Gaza a través de los túneles excavados bajo la frontera con Egipto.

Esos túneles son esenciales para que los gazatíes puedan acceder a productos de primera necesidad debido al bloqueo israelí.

Mientras tanto, los EEUU están aprovisionando de armas a Israel (eso, según parece, "no es contrabando").

AQUÍ NACIÓ LA SEMILLA DE LEGITIMA LUCHA POR EL FUTURO DE PALESTINA



En Gaza se ha abierto un nuevo capítulo de la resistencia árabe.

En adelante , a Israel sólo le quedan sólo dos opciones: La primera es parar los ataques sobre Gaza sin haber debilitado considerablemente la estructura de Hamas y la de las demás organizaciones militares palestinas.

El tiempo corre en contra de Tel Aviv: El 20 de enero tendrá lugar la investidura de Barack Obama como presidente de Estados Unidos. Hasta entonces Washington dará tiempo a Tel Aviv para acabar sus operaciones militares en territorio palestino. Los europeos acompañarán con vacíos llamamientos: La UE habla con todos los actores menos con Hamas.

La otra opción de Israel es la de exterminar físicamente a la población palestina para evitar que, por ejemplo, en un futuro no tan lejano los mencionados hermanos emprendan el camino para vengar a su familia asesinada, tal y como lo van a hacer los familiares de los hasta ahora mil muertos. Es decir, con cada muerto que la agresión sionista produce aumenta la resistencia en su contra. Para prevenir este proceso, Tel Aviv tendría que proceder a la «solución final» de la cuestión palestina, algo que la comunidad internacional no va a tolerar.

xoves, 15 de xaneiro de 2009

AQUÍ QUEDÓ ENTERRADA LA DIGNIDAD DE ISRAEL



En cada una de las calles de Gaza, Israel dejó la honra, y todo lo creíble que lo representaba. Ahora ya nada será lo mismo. Ni para Israel ni para el resto de los gobiernos que de algún modo con su silencio cómplice apoyaron (en contra de sus pueblos )el exterminio con fósforo blanco de miles de inocentes.

... LOS SIONISTAS SIGUEN CON SU LIMPIEZA ÉTNICA



Con la complicidad de los hipócritas y cultos occidentales que ven en un pueblo como en de Gaza un ejemplo que les podría traer problemas, en caso de que su ejemplo pudiera ser secundado...

Pues que hicieron los de Gaza?, pues ni más ni menos que en sus elecciones, elegir a un partido que no es del gusto de los que se creen los "pueblos civilizados del mundo".

Pues los Sionistas la tienen clara: Hamas es el pueblo y el pueblo es Hamas. Se tendrán que cargar a todo el mundo si quieren acabar con una organización, con un movimiento que está totalmente enraizada en el pueblo.

Eso lo saben bien muchos paises del mundo que en algún momento de su historia optaron por elegir y tener un gobierno de "partidos no gratos", que en seguida fueron invadidos, boicoteados, ninguneados y en algun caso, exterminados.

Los Sionistas han fracasado en Gaza, donde perdieron su propia dignidade: bombardeando sedes de la ONU, de refugiados, hospitales...

YA LO DIJO EL POETA:

"NO DEJARÁ EL MERCADER
LO QUE UN PUEBLO QUIERE SER".

mércores, 14 de xaneiro de 2009

CARBALLO: PARA QUE REMATE ESTA VERGONZA!!!



A VERGONZA E INDIGNIDADE DE TÉRSE PRESIONADO PARA FACER SERVIZOS IMPOSIBLES!!!

MAÑANA DIA 15 : GRAN MOVIDA EN CARBALLO (Con o sin Rinconete y Cortadillo???)!

Efectivamente, mañana se cierra la campaña que tanto xunta de persoal como comite de empresa vinieron haciendo para reinvindicar dignidad hacia los compañeros de Carballo y calidad en su trabajo, exigiendo más carteros.

PROGRAMA DE FESTEJOS

Mañana iniciaremos los festejos con dianas y alboradas.
Seguirá una asamblea multitudinaria
Finalizando los eventos con una macroconcentración delante de la oficina a la que asistiremos todos los involucrados: AAVV de Carballo, compañeros y representantes.

Aunque acaba esta campaña, se continua el seguimiento que venimos haciendo de las pendientes escandalosas que tiene la oficina diariamente y que no son reconocidas por la jefatura Provincial ... faltaría más!!

PERO ANTE TODO ESO
UNA SOLEMNE DUDA NOS CORROE........

ASISTIRÁN MAÑANA AL EVENTO CARBALLÉS.. RINCONETE Y CORTADILLO??????

SIGUE EL ANIQUILAMIENTO IMPUNE DE UN PUEBLO

EN GAZA SE UTILIZAN POR PARTE DEL EJERCITO ISRAELI LAS ARMAS PROHIBIDAS "FOSFORO BLANCO Y DIME"

"Se necesitan meses de estudios en laboratorios para analizar las muestras y tener las evidencias científicas, pero las heridas que estamos curando son idénticas a las que curamos en el 2006 en Líbano después de los bombardeos israelíes y que estaban relacionadas con las armas DIME y con las bombas con fósforo blanco", ha declarado el jefe de un grupo de médicos noruegos que trabaja en la Franja de Gaza, Dagfinn Bjorjlid, a la agencia misionera de noticias Misna. El equipo noruego trabaja en el hospital Shifa de Gaza a través de la organización no gubernamental médica Comité de Ayuda Noruego (Norwac).

"Muchas personas que llegan al hospital tienen graves amputaciones en los miembros, como si hubiesen sido cortados de golpe, y esas amputaciones no pueden ser causadas por armas convencionales", ha asegurado. "Es como si los brazos y las piernas se hubiesen desenganchado del resto del cuerpo, que tiene laceraciones sin fragmentos, al contrario de lo que suele ocurrir casi siempre en los casos de explosiones convencionales", ha agregado.

martes, 13 de xaneiro de 2009

MOVIDA EN CARBALLO (Introducción)

A CONTINUACIÓN REFLEXAMOS A NOTA DE PRENSA QUE, CON MOTIVO DA INMINENTE CAMPAÑA A DESENROLAR NA OFICIÑA DE CARBALLO, A XUNTA DE PERSOAL E O COMITÉ DE EMPRESA MANDARON ONTE ÓS MEDIOS DE COMUNICACIÓN.

DENDE A CGT SEGUIMOS INSISTINDO EN QUE NUNCA, NUNCA HOUBO NO MUNDO SINDICAL PROVINCIAL DE CORREOS UN MOVIMENTO COMO O QUE ESTAMOS CONSEGUINDO DENDE A XUNTA DE PERSOAL E O COMITÉ DE EMPRESA. INDEPENDENTEMENTE DOS LOGROS CONQUERIDOS, ESTÁSE TRABALLANDO FIRME,CON CONSTANCIA E ILUSIÓN.


A Xunta de Persoal e o Comité de Empresa de Correos da Coruña conformadas po-los sindicatos CGT (CONFEDERACIÓN XERAL DO TRABALLO); CIG, UGT, E SL (SINDICATO LIBRE); seguimos coas nosas medidas de presión para que Correos cumpla na provincia da Coruña coas obrigas estipuladas na Lei Postal –entrega diaria en cada domicilio, do correo , a lo menos 5 días á semán-.

Os últimos estudos de dimesionamento da unidade de reparto de Carballo, foron realizados en outubro do ano 2001; dando como resultado unha adxudicación de plantilla de carteiros de 7 urbanos e 9 rurais.

Dende o ano 2001 o censo de Carballo incrementóuse em 2500 veciños; acadando ahora o municipio os 31.000 habitantes; e sendo o medre urbanístico, según datos do Concello; de 3.382 novas vivendas dende o ano 2003 ata agora.

Na defensa de un Correo público e de calidade, e da dignidade no traballo, concentrarémonos diante da Oficina de Correos de Carballo o próximo día 15 de xaneiro de 2009 ás 9:15 horas da mañan, os compañeiros de Carballo e os delegados da Xunta de Persoal e do Comité de Empresa.

O problema de insuficiencia de plantilla é unha constante nas unidades de reparto da provincia, así como o é que os xefes de esas unidades presionen ós compañeiros para que repartan volumes de correo imposibles; como a falla de persoal é tan patente, estas pretensións son irrealizables; pero moitísimas veces os xefes consiguen coas suas presións directas, que os carteiros entren antes da sua hora e salgan despóis de terminada a sua xornada legal, para así entregar máis correo.

Os que non están dispostos a incumplir o horario regalando tempo a Correos, son mal vistos, e ás veces ata, perseguidos po-los seus xefes, que lles abren expedentes sancionadores acusándoos de falla de rendemento.

Na cartería de Carballo, coa plantilla actual, repártese o correo en dias alternos e/ou, en tres e catro dias, según os volumes de correspondência que vaian entrando; ademais, xenéranse uns volumes mínimos de pendentes diários de 5000 envíos.

luns, 12 de xaneiro de 2009

LOS MEDICOS HABLAN DEL USO DE UN NUEVO TIPO DE ARMA EN GAZA




MEJOR MORIR DE REPENTE DE UN IMPACTO DIRECTO QUE SEGUIR VIVIENDO HERIDO POR ESA NUEVA ARMA ...

EVALUACION POPULAR DE DESEMPEÑO 2008`. RESULTADOS FINALES

EVALUACIÓN POPULAR DE DESEMPENHO D@S XEF@S DE CORREOS DA PROVINCIA CORUÑESA

Presentación

Un ano máis calificando e poñendo no seu sitio aquel@s autoridades que deixaron de ser quenes eran para acoplarse as directrices de una política empresarial que entra en total contradicción co servicio Púbilico de nuestra Empresa.
A evaluación deste ano dividirémola en varios apartados, tales como comportamentos e aptitudes, gañadas a pulso polos concursantes

1.- GRUPOS (nas suas máis variadas listas), incluíndo o premio Termes e Represión, a oficiña máis desorganizada e a máis “seria”.

2.-@S GAÑADOR@S DO ANO.- Cun Cadro de Honra , e varios accésits e mencións especiais.

3.- FRASES HISTÓRICAS COLECCIONABLES.- “Por sus hechos l@s conoceréis”… e tamén polo que se lles escapóu pola boquita nun intre de lapsus.

4.- DEFINICIÓN DAS LISTAS.- Por si non quedaran claras, aunque todo parecido coa realidade é pura coincidencia.





1. GRUPOS




PREMIO TERMES …………. OFICIÑA DE SADA
PREMIO REPRESIÓN…. UR4 de A Coruña, tamén chamada “ALCATRAZ”.

1 .- LISTA MINGUADA

Xefe de Cartería. Boiro…………….1
Xefe de RRLL…………………..........2
Xefe de Cartería. Sada……………. 3
Xefe de Carteria. Carballo … 4

2 .- LISTA ESIXENTE

Xefe de Carteria UR4 . A Coruña…………………….1
Xefe de Carteria. Boiro ………………………_____……2
Xefe de Carteria . Carballo …………………………..2
Xefe de Equipo da UR1 A Coruña …………… 3
Xefa de Loxistica de A Coruña………………………_ 4
Xefe Provincial …………………………………… 5
Xefa de Carteria . Milladoiro …………………………6
Xefe de Carteria UR1 A Coruña………………… ……6


3 .- LISTA OBEDIENTE

Xefe de Carteria . Carballo……………………………… 1
Xefa Loxistica de A Coruña……………………………… 2
Presidenta do Comité de Saude de A Coruña……………...2
Xefe de RRLL……………………………………………… 3
Xefe de Persoal. A Coruña…………………………………...........3
Xefa de Recursos Humáns . A Coruña……………….....…….3
Xefe Provincial ……………………………………………................4


4 .- LISTA PASOTA

Xefe de Distribución . A Coruña………………………… .. 1
Xefa Loxistica A Coruña………………………………….. 2
Presidenta do Comité de Saude. A Coruña………………… 2
Xefe de RRLL………………………………………………. . 3
Xefe de Persoal. A Coruña…………………………………........… 3
Xefe de Redimensionamento………………………………… .........4
Xefa de Mantenimento . A Coruña………………………… ... 5
Xefe Provincial………………………………………………............. 6

5 .- LISTA INVISIBLE.-

Inspectores sancionadores de León ……………………. 1
Xefe de RRLL…………………………………………… ................2
Toda a Equipa de Dimensionamento……………………. .3
Xefe de Distribución . UR1 A Coruña………………… …4
Xefa Manteñemento. A Coruña…………………… …… .5
Todo o Grupo Directivo de A Coruña……………………....6

6 .- LISTA SORDA

Xefe de RRLL



2.- @S GAÑADOR@S DO ANO


CADRO DE HONRA

Xefe de RRLL…………………………………………. ............1
Xefe de Carteria de Carballo…………………………. 2
Xefa de Loxistica de A Coruña e a vez Presidenta do Comité Provincial de Saúde Laboal ...………………………. ................. 3
Xefe Provincial,…………………………………........…….. 4
Xefe de Carteria de Boiro ……………………………. ..5
Xefe de Cartería Suc 4 A Coruña…………………….. 6
Xefe Distribución A Coruña………………………… .. 7


ACCESITS


TITUO CUM LAUDE.-

XEFE DISTRIBUCION A CORUÑA ( por estar onde ten que estar e a hora que está)
Premio.- Denuncia pedindo o seu cese inmediato por deixación de funcións.
XEFE CARTERIA UR4 A CORUÑA (polo seu trato a perpetuidade os seus subordinados e ter creado un ambente propio das carterias do futuro, creando a figura d@s intocables)
Premio.- Denuncia pedindo o seu cese inmediato por trato desconsiderado os seus subordinados.

XEFE DE RRLL .-(Por non cumplir con o seu cometido)
Premio.-Denuncia pedindo o seu cese inmediato non ser merecedor ó posto que ocupa, dar versións distintas á realidade ante a Inspección de Traballo, e non dar a cara ante quenes merecían un rapapolvos.

NO PUNTÚAN (Non é que se fixeran bós de repente) por ficar enfermos e de baixa o Director da Oficiña de Boiro, o Xefe de Carteria da UR1 de A Coruña, e algúns e algunhas mais que se nos escaparon.

TAMPOUCO PUNTÚAN .- @ predominanda tribu d@s INTOCABLES, encargad@s de sembrar cizaña en cada distrito postal, además de levar a cabo no colectivo o plan perversamente deseñado pola dirección para crear tensións e desunir ó colectivo: imprimir egoísmo, sabotear o traballo en equipa e establecer grupitos de presión.

MENCIÓN ESPECIAL ÁS MAQUINAS CASI HUMANAS QUE VELAN POLOS NOSOS FUTUROS.-

Os ordenadores de Personal de A Coruña polos seus simpáticos saltos informáticos nas bolsas de contratación provinciais.

á fotocopiadora asignada ós Servizos Económicos e Sindicatos de A Coruña polo seu exceso de celo .

Ás máquinas de clasificación FLAT , FLIT e FLOT da CTA de Lavacolla, pola sua capacidade de sana comprensión e amor , renunciando á su alta potencia de clasificación para pasar a capacidade menguada ós traballadores que somos, e que muy obedientemente ás órdenes dos nosos superiores do Centro Directivo e do non tan directivo, facémonos cargo do que deixan de facer estas máquinas.


3 .- FRASES HISTÓRICAS COLECCIONABLES

Nesta primeira entrega e dentro destas evaluacións deste ano, pasámosvos algo que xá tiñamos que ter publicado. Son frases soltas que denotan un pensamento, un comportamento, unha ideoloxía de quén as dí.
Daquela, dende eiquí solicitámosvos que nos vaiades mandando esas delicias verbais que as veces sóltannos os nosos superiores e outras persoas que lles fán o conto

-“El que no lo hace es porque no quiere”!

-“Deja de hablar tanto y ponte a trabajar”!!

-“Aquí desde que entras hasta que sales estás a mis ordenes, y harás lo que se te ordena”!!

-Me siento acosada por mi subordinada”

“-Ya es la hora”!!

-“Lo siento, pero me dicen desde Coruña que os tengo que expulsar”

-“No te permito que lleves a tu local sindical afiliados tuyos de otra provincia”.

-“No quiero” ver en cartería a ninguno de vosotros desde las diez y media”!!

-“No tienes derecho a estar aquí, aunque seas representante de los trabajadores”!!.

-“Y no tienes derecho a recibir ninguna información del comité de salud y menos las actas de las reuniones, aunque seas el Delegado Sindical de tu sindicato”!.

-“A partir de hoy trabajaréis los acuses de recibo y las malas sin acusaciones ni malas caras”!.

-“A partir de hoy descargaréis las jaulas”!!.

-“No puedo hacer constar en el acta esto que dices, porque suena como una amenaza”.

-“Hala, a tabajar el rebote”!!

-“Bajo ningún concepto pueden entrar en las oficinas postales” , personas de tu sindicato que pertenezcan a otra provincia, aún desempeñando un cargo estatal”.

-“Y a ti quién te dió permiso para dejarles el coche de correos a la pareja de carteros que se casaron ayer”??

-“El barrio lo hace el cartero”.

-“A min a cama non ma facedes vós”!!

-“Es lo que hay, o lo tomas o lo dejas”!!

-“Y solamente vas a llevar esos 94 certificados hoy a reparto”??

-“Animo, que puedes hacerlo”!!

-“Y como coño quieren que saque el servicio de mi oficina si me falta gente y no me la reponen”!!


4 .- AS LISTAS (DEFINICIÓN)

LISTA MINGUADA.- Dícese dos integrantes da mesma que carecen de luces no cerebelo, que foron elegidos para uns postos dos que non son quén de desempeñalos.

LISTA ESIXENTE.- Dícese dos integrantes da mesma que son famosos por esixir (inluso con amenazas) o que eles non fán nin saben facer; dando paos de cego para contentar a sua superioridade usando como “conejillos de indias” ós seus subordinados, (ás veces con sutilezas, a veces acosando).
Tamén dícese de aqueles que esixen a realización de determinado traballo sen poñer as condicións necesarias para cumpli-lo.

LISTA OBEDIENTE.- Dícese dos integrantes da mesma que son nobles y obedientes con seus superiores e prepotentes e duros con os seus subordinados, non faltándolles escrúpulos para ordenar a éstes o que lles manden aqueles, aunque contradiga a Lei Laboral.

LISTA PASOTA.- Dícese daquel@s que pasan de todo, figurando por figurar.

LISTA INVISIBLE.- Dícese de aquel@s @s que nunca se lles vé , nin aparecen por ningures cando a sua presencia responsable é necesitada.

LISTA SORDA.- Dícese de aquel@s que non se enteran de nada, por máis que lles repitas as cousas.

ESTRATEGIA MILITAR ISRAELÍ

Emplean la fuerza bruta para evitar muchas bajas y mantener la cohesión interna

El Ejército israelí actúa con tremenda dureza para evitar un alto número de bajas entre sus soldados que -como sucedió en la guerra de Líbano de 2006- resquebraje el masivo apoyo social (94%) a su ofensiva en Gaza.

«Somos muy violentos. No estamos rehusando método alguno para prevenir bajas entre nuestras tropas», admitió el coronel Amir. Otro mando militar añadió que «cuando sospechamos que un miliciano se esconde en una casa, lanzamos un misil, luego dos disparos de tanque y después una excavadora golpea el muro. Causa daños pero previene la pérdida de vidas entre nuestros soldados», agregó.

Con estas tácticas no es extraño que el balance de muertos sea ya de 901 palestinos y quince israelíes -cuatro soldados por fuego amigo-.

Declaraciones y hechos sobre el terreno muestran que Israel está dispuesta a sacrificar su imagen internacional con tal de mantener la cohesión interna. La jugada le ha salido bien: EEUU y la UE siguen en su papel habitual; Egipto se muestra más beligerante con Hamas que con su otrora enemigo; el presidente palestino y líder de al-Fatah, Mahmud Abbas, carga en sus discursos contra el movimiento islamista, y Hizbullah se mantienen al margen.

Implacable, como de costumbre, el columnista israelí del diario «Haaretz» Gideon Levy cargaba el viernes contra su sociedad: «El escalofriante equilibrio de sangre -unos cien palestinos por cada israelí- no genera preguntas, como si hubiéramos decidido que su sangre vale cien veces menos que la nuestra, en aceptación de nuestro inherente racismo».

venres, 9 de xaneiro de 2009

CONCENTRACION NESTE FIN DE SEMÁN DE SOLIDARIEDADE CON PALESTINA




Xa este venres terán lugar outras concentracións convocadas con anterioridade: en Ferrol, ás 20.00, diante do edificio da Xunta (na Praza Amada García); nas Pontes, ás 19.00, na Praza do Hospital; e na Praza do Concello de Ponferrada, ás 20.30. Este sábado 10 será a Xornada Nacional de Mobilización por Palestina en varias vilas e cidades, co lema "Galiza con Palestina. Non ao masacre!"

Así, en Pontevedra comezará ás 20.00 na Praza da Ferraría; en Vigo comezará ás 18.00 dende o cruce da Vía Norte con Urzáiz, para rematar na Porta do Sol; en Compostela, arrinca ás 20.30 do Toural para rematar no Obradoiro, onde se lerá un comunicado; e na Coruña, á mesma hora, terá lugar unha concentración no Obelisco.

Voceiro da CGT Correos A Coruña

Voceiro da CGT Correos A Coruña
Buzón rebelde