venres, 31 de agosto de 2012

STOP, PARAMOS UNS DIAS DE DESCANSO



Despóis dun moi activo vrán, imos coller uns dias de descanso  ... "daquela maneira"...!!

Un descanso un pouco irreal sen desconectar en absoluto posto que seguiremos actuando dende os respectivos correos, dende as respectivas frontes,  mais deixamos momentáneamente a Rede, e por suposto, este blog.

Eles non descansan. Nunca descansan...  iso sabémolo ben. 

A nosa obliga de estar de garda as 24 horas todolos dias do ano para nós xa é algo cotidián.

Só resta que vaiades valorando, comentando, discutindo as formas que se terán que dar en cada Carteria , en cada Centro de Traballo cara enfrontarlles as suas estratexias empresariales que pasa... por mandarnos...

...... por mandarnos a todos ó carallo 29!!

Só un colectivo informado será respetado. 
Só un colectivo preparado e combativo tendrá futuro.

Recordade quenes somos.
Somos servidores públicos.

E pertenecemos a CORREOS.
E a cidadanía necesítanos.

Non temos nada máis que decirvos.

Interiorizade isto, por favor.
O demáis será a resultante da vosas decisións.

E nós estaremos ó voso lado, decidades colectivamente o que decidades. 

Veña!! apertas e bicos para tod@s!!!

Ningún comentario:

Voceiro da CGT Correos A Coruña

Voceiro da CGT Correos A Coruña
Buzón rebelde