mércores, 30 de xaneiro de 2008

Os Delegados de Persoal - 1

DESDE A CGT NA DERRADEIRA XUNTANZA DA XUNTA DE PERSOAL E DO COMITÉ DE EMPRESA, PROPUXEMOS ESTAS MEDIDAS PARA IMPEDIR O ACOSO ÓS DELEGADOS DE PERSOAL E POR CONSEGUINTE MEMBROS DA XUNTA E COMITÉ

1.- Definición:

Trátase de buscar alternativas para combatir as tácticas perfectamente planificadas dende a Dirección de Correos cara os Delegados de Persoal orientados a eliminar as suas ideias reinvindicativa e desarmalos ideológicamente.

2.- Estratexia da Dirección :

Nos derradeiros anos asistimos a un adoctrinaxe da Dirección Xeral ós xefes intermedios orientados –desde a sua postura de poder – a neutralizar ós novos Delegados de Persoal.

Para elo leváronse a cabo diferentes tácticas parapoliciales orientadas a este fin, dende o de facer un cadro-ficha persoal de comportamento do individuo ate facer os oportunos seguimentos da propia vida privada, laboral , ideológica e sanitaria do mesmo, coa finalidade perversa de buscar medios para contrarrestar a sua efectividade reinvindicativa.

3.- As suas finalidades:

Temos que tér moi claro que todo intento de agresión – tanto feito con sutileza como con outro tipo de conductas lesivas- intenta socavar o ánimo reinvindicativo de tódolos delegados eleitos, obedecendo a un plan determinado de la Dirección Xeral de Correos orientados a eliminación de toda clase de ideal reinvindicativo dentro do seu posto de traballo e por conseguinte da sua futura acción sindical como representantes de persoal, mediante o ninguneo, calumnias, desprezos, amenazas, etc. conlevando unha sutil política de aillamento por parte dos seus mesmos compañeiros.

4.- Medidas preventivas

Como medidas disuasorias e preventivas, a Xunta de Persoal e o Comité de Empresa teñen a obligación de velar , cuidar e proteger ós seus membros de estos intentos manipuladores de causar lesións psíquicas que entren no subconsciente das víctimas cara a sua eliminación como persoas reinvindicativas.

Por tanto, compre un plan de acción urgente para enfrontar esta dinámica , claramente imposta , estudiada e matizada polo Centro Directivo de Correos.
Polo tanto , propónse que a Xunta de Persoal e o Comité de Empresa de A Coruña cree un grupo de traballo orientado a crear ese plan de acción.
Pola nosa banda, dende a CGT propoñemos de entrada uns pasos a seguir que omitiremos a sua publicación en este blog, mais que nolos podedes solicitar si hai por ahí alguén interesado.
NON DEIXEMOS QUE NOS NINGUNEEN NIN NOS DESPRECIEN!!!


Ningún comentario:

Voceiro da CGT Correos A Coruña

Voceiro da CGT Correos A Coruña
Buzón rebelde