domingo, 10 de outubro de 2010

AQUI ESTAMOS!, SEN RENUNCIAR Á REVOLTA!!




Aqui estamos de novo, despois dun longo paréntesis onde houbo de todo: vacacións interrumpidas constantemente por problemas laborais; mediación en enfrontamento entre compañeiros; negación constante da empresa a disfrutar dos nosos dereitos consolidados; en suma... asumimos o papel que tiña obligación de prestar o propio Correos cara os seus traballadores.

Aqui estamos de novo, para liderar a revolta na nosa provincia; xa que outros non queren ou non poden.

Aqui estamos , dispostos a asumir o que faga falla na defensa dos compañeiros.

Aqui estamos, sin dar un balón por perdido.

Aqui estamos, aunque os demáis sindicatos no estén, e para decir que están non se lles ocurre máis que enfrentarse visceralmente úns contra outros, sacando os trapos sucios na vispera das eleccions sindicais.

Aqui seguimos estando, mais Correos xá non é a mesma empresa. Rixen parámetros de empresa privada ... e das peores.

Cando Pepiño Blanco dí que os funcionarios de Correos os van laboralizar por decreto.
Cando hai unha proposta de Convenio Colectivo durisima.
Cando Correos sigue facendo cábalas, casando cifras con toda a impunidad e inxustiza, para demostrar que sobra xente .

MAIS...

...que se lle pode pedir a Correos, que renunciando á propia prevención dos seus traballadores na rúa, ó mesmo tempo que os desatende cando caen enfermos, os obliga a ir a traballar baixo amenaza de abrirlles expedente por ausencia inxustificada.

Ningún comentario:

Voceiro da CGT Correos A Coruña

Voceiro da CGT Correos A Coruña
Buzón rebelde