xoves, 27 de xaneiro de 2011

MANIFESTACIÓN XORNADA LOITA DO 27 DE XANEIRO DO 2011.








Impoñer a derrogación da Reforma
Laboral
O fracaso da Reforma Laboral é patente,
como non podía ser doutro modo:
os empresarios crecidos, o medo nos
corpos dos poucos que teñen un traballo,
milleiros de expedientes de regulación
de emprego, son o resultado do
pregamento do goberno e parlamento
ás políticas europeas, políticas ditadas
polo todopoderoso capitalismo aos
lacaios e monicreques de cada goberno.
Deter a ameaza sobre o sistema público
de pensións e xubilacións
O 68 % dos oito millóns de pensionistas
teñen unha pensión inferior ao Salario
Mínimo Interprofesional (641,40
euros/mes), e, ante esta pavorosa realidade
de miseria xeralizada, o goberno
pretende modificar o sistema de pensións
endurecendo os requisitos e o
método de cálculo dos novos pensionistas.
Así, pretende elevar a idade ordinaria
de xubilación aos 67 anos, esixir
un mínimo de 20 anos de cotización
para ter dereito e subir de 15 a 20 ou
25 anos o período de cálculo. A CGT
ten moi claro que o único que se busca
é a redución dos importes das pensións
a curto prazo, o fomento dos
planes privados a medio e a desaparición
do sistema público a largo, sistema
público que quedará como sistema
residual de asistencia social.

Ningún comentario:

Voceiro da CGT Correos A Coruña

Voceiro da CGT Correos A Coruña
Buzón rebelde