sábado, 26 de abril de 2008

POLITICA INTERIOR A SEGUIR POR UNHA EMPRESA GAÑADORA

Unha empresa que quér enfrontarse ás multinacionais do sector a partires do 2011 –data da liberación do sector público de Correos promulgado pola Normativa Europea- fará unha política interior consecuente, orientada a buscar o apoio, participación e involucración dos seus empregados.

Por tanto, os seus responsables das unidades de traballo, tenderán a aplicar os principios da calidade total, mellorarán o clima laboral e favorecerán a innovación da empresa:

1. Valorando as iniciativas que presentan as persoas que traballan no seu departamento.
2. Invitando ós seus colaboradores a que dean os seus puntos de vista.
3. Apreciando a que se lles comuniquen os erros cando se producen e orientando á sua equipa a soluciona-los.
4. Comunicando as decisións, evitando rumores, que xeneran incertidume innecesaria.
5. Facer partícipes á equipa da información que afecta directamente á unidade (obxetivos, circulares de traballo, etc)
6. Asumindo a responsabilidade das suas decisións e non deixando que sexan outros quenes se encarguen de transmitir as máis conflictivas.
7. ...E sobre todo, tér moi en conta que quén máis sabe sobor dun posto de traballo é a persoa que o realiza.

Os responsables gardaránse de modos que atentarían contra este espíritu innovador da empresa, fuxindo dos seguintes comportamentos:

1. Pouca disposición a escoitar.
2. Ocultar información.
3. Tensións, enfrontamentos, descortesía.
4. Pasar indebidamente responsabilidades a outros.
5. Sobrevalorar a importancia do traballo propio.
6. Facerse o mártir.
7. Prepotencia sobor dos demáis.
8. Entrar dentro do xogo da competición empresarial dun xeito prepotente, xogando co diñeiro alleo.

Ningún comentario:

Voceiro da CGT Correos A Coruña

Voceiro da CGT Correos A Coruña
Buzón rebelde